"Ourense e rural son a mesma cousa, non?"
A segunda entrevista a Emilio José neste blog. Non, non é por falta de ideas ou persoas para entrevistar, é que logo de moooooiiiitooooo tempo, o ourensao por fin dá a coñecer un novo traballo (e que traballo señora) musical. Tres horas de cancións onde non queda tema por tratar, onde o Emilio José máis poético chega da man do Emilio José máis cáustico. Rura, Ourense, políticos (sobre todo alcaldes), celebritis como empresas e realismo post-comunista, cítanse neste seu novo traballo Agricultura Livre. Segundo críticos musicais: a mellor obra do folc indixenista ourensao. (Os puntos que aparecen no texto son de vista)
- Primeira pregunta: A ti gústache aquela canción de "La Gota Fría"?
- A de Carlos Vives? Era Carlos Vives, non? Non sei se me gusta ou non, porque non a teño presente.
HAHAHA. Pois, sobre todo e o máis importante, non son eu quen para dicir iso; e de todos xeitos, tampouco controlo moito o panorama musical en Galicia; aínda que seguro que é sensacional, e non o controlo porque non estou ao día, non porque non me guste; e, ademais, tampouco son galego, así que...
- Ok, o de que non es galego quedoume máis que claro polo menos en dous dos temas. Falando diso mesmo...
- hehe
- Baltar fillo; e non sabes como me gusta que uses ese termo,
porque é o que é: o fillo de Baltar, no sentido de que se non fose
fillo de Baltar non sería ninguén; seguramente é un excelente ser
humano, alegre e divertido, pero como cargo público é alguén que
non existe. Un "presidente" que dis cousas tipo "estamos
a 253 días das eleccións, cumplimos o 85,4% do programa e xa
presentamos a 73 dos candidatos" non existe. E logo, aínda por
riba, está o feito de que o pai, sendo outro pobre diablo coma el,
polo menos era ou é, divertido, tocaba o trombón, dábase bicos na
boca con alcaldes, cousas así.
- Os títulos, ás veces, non están exactamente conectados co
sentido das cancions; aínda que tampouco sei eu moi ben a que me
refiro con "conectados". Un día vin que algo sobre Kim
Kardashian estaba entre as noticias máis lidas en laregion.es, e
foi como ¿quen é Kim Kardashian e por que sae na Región de
Orense? No caso de Bruna Linzmeyer, hai anos lin unha entrevista
dela e pareceume un bo título para unha canción, pero a canción
tampouco é sobre ela en particular.
-
Entón os títulos dos teus temas son unha chamada de atención para atraer ao público? son cantos de serea? - Haha, pero non é que unha sexa do meu estilo e a outra non: Kim
Kardashian; supoño que é á que te refires como "superficial";
seguramente sexa moi interesante como ser humano. Pero eu falo dela
como "empresa", como "multinacional da propaganda".
E, de todos xeitos, non teño nada claro o concepto de
"superficial"!
- Ben, en realidade o feito de sacar un disco, en si mesmo é unha "chamada de atención para atraer ao público". Se non quixeses atraer a ningún público, non o publicarías! Logo outra cousa é que pretendas que poidas atraer a máis ou a menos oíntes en función do que fagas: eu nin estou nesa posición; a posición de "mover mercado", digamos; nin me guío por outra cousa que non sexa, principalmente, que o disco, en xeral, me guste.
No verso "o mundo non comezou nunha caixa de aforros" no tema das montañas e o sol querías dicir algo sobre a explotación bancaria ou era animar aos defraudados nas preferentes?
O que eu diga non vai animar ou defraudar a ninguén: non teño ese poder. Ademais, sobre os bancos hai escritas cousas moito mellores que o que poida dicir eu, e igual sobre as preferentes: nesa liña só me refiro á visión que prevalece hoxe en día sobre que o sistema bancario; sexa público ou privado, ou como sexa; é fundamental para as nosas vidas.
Entón a elección dos ritmos que van coas diferentes letras podemos tomalo como unha elección persoal sen querer buscarlle máis explicación. só que a ti che gusta así.
- Si, claro: non hai ningunha mensaxe masónica nin nada, só
intento que as cancións sexan o máis simples posible: logo, elas
acaban saíndo como queren, pero a idea é esa.
- Con letras moi longas refíreste ás letras en si, non, ou aos
títulos?
- Ahh, ok. Máis ben o proceso soe ser ao revés: unha canción, cando se ve con ganas;a canción, quero dicir; vaise facendo máis longa, pero non é que divida letras; ou cancións; en cachos máis pequenos.
- Ah, non sei: eso é cousa túa!
-
Hahahahahha
- Pero "Ourense" e "rural" son como a mesma cousa, non?
- Máis que mágoa persoal, porque tampouco é que eu reivindique a
vida no rural de fai 10, 100 ou 1.000 anos, é unha nota a pé de
páxina no libro satánico da Xunta de Galicia: "o rural morre,
vós sabedes que non podedes facer nada, así que admitide que non
podedes facer nada".
-
Entón Agricultura Livre, o disco, podería ser unha metáfora de
que si podemos facer algo co rural, a pesar do libro satánico da
Xunta?
- Non, eso é imposible: non se pode facer nada, non só con rural,
senón en xeral con todo, se non se destrúe o libro satánico da
Xunta de Galicia. E ese libro é indestructible.
- Home se é da Xunta, malo será que cunha revolta irmandiña non
se poda destruir...
- Xa ves como acabou a "revolta" irmandiña...
- Ha! Dime ti como...
- Seguindo co disco, a portada non podemos esquecela, como naceu a idea e cando se materializou?
- Pois un día que fun buscar castañas vin ese sitio que, como en tantos lugares, antes era un camiño e hoxe parece unha selva, e pensei que igual podía quedar ben así.
- En realidade graveino todo en Quins, vivindo alí, menos uns meses
nos que viñen a Vigo.
-
Pois o caso é que, escóiteno ou non, dá igual o que eu diga; non só porque sexa un insignificante aprendiz de músico: mesmo
a maior estrela pop do mundo ten unha influencia cercana ao 0 sobre
a vida material neste planeta; non vai pasar nada: para empezar,
seino porque no anterior disco tamén falaba de políticos e como é de esperar, non pasa nada.
-
Ben, xa para rematar, di o que queiras, o primeiro que che pase
pola cabeza...
- Calquera cousa que se me pase pola cabeza, e máis se é mínimamente "racional", vai ser algo que me programaron previamente, ou sexa que, aínda que aparentemente fose diferente, en realidade é o mesmo que se che pode estar pasando a ti, ou a calquera, pola túa cabeza.