miércoles, 30 de marzo de 2011

ENTREVISTA A EMMA E ISA



"Os mellores non varían constantemente"

O que ía ser un traballo monotemático converteuse nunha entrevista a dúas bandas. Aquí estás dúas das persoas que máis coñecen o comportamento do xénero humano (en concreto algúns especimens coñecidos deste blogger) en plena euforia de fin de semana e festas de "guardar".

Isa e Emma, Emma e Isa, contestaron a este cuestionario en plena tarefa laboral (atender aos parroquianos a golpe de martes pola noite)

Canto tempo leva aberto o Malas Pécoras?

Isa- Pois penso que, once ou doce anos.
Emma-Once, once.

Esta non era a verdadeira pregunta coa que quería comezar esta entrevista. A pregunta era esta: por que abriches o Malas Pécoras? Queres moito ao xénero humano?

Ah, non, foi todo culpa de Emma

Ai si?

Si, todo.

Por que?

Por que a idea foi dela, eu aquí son mera colaboradora. ahahahahahaha

E non che preguntaron logo, "qué hace una chica como tú de la Estrada, en un sitio como este"?

Si, iso despois. Esa é unha pregunta habitual.

O primeiro día que abristes e que vistes entrar ao primeiro cliente, pensastees "diosmío, o que me espera"?

Noooonnn!!! hihihi, porque eran todos coñecidos, papás, nais, irmáns, primos....porque abrimos un domingo e convidamos a todos os coñecidos, os máis íntimos hahahahahaha

Quen deseñou o rótulo da entrada?

Isa- Un rapaz de Vigo. Como se chamaba o rapaz de Vigo que deseñou o rótulo?
Emma- Abel.
Isa- Era un aerógrafo que veu un día ver o local e contámoslle o que tiñamos pensado facer aquí. E foi ao que se lle ocorreu esa idea.

E a persoa que se deixou retratar para o rótulo existe?

Isa- El inspirouse en Marlene Dietrich, en teoría.
Emma- Vira unha foto de Marlene Dietrich nunha revista e levouna para facelo.
Isa- Era unha foto, pero tal cal a reproduciu.

Por que lle chamastes Malas Pécoras, fostes "chicas malas" ou queriades espantar a alguén?

Isa- Non, iso foi unha confusión.

Mimá.

Isa- Si, unha confusión. Foi en Madrid, que estabamos dando un paseo, e había un local con luces de neón, pero había algunha que estaba fundida. Pero isto anos antes de pensar, imaxinar que iamos montar un bar. E o primeiro que limos foi "pécora", que logo ao final era "pecera".
Emma-Si, así vimos nese garito.
Isa- E logo, anos despois non sei porque nos lembramos do nome. E o de "malas" por personalizalo.
Emma-É certo, pensamos "se algún día montamos un garito, chamarémoslle Malas Pécoras".

Atopei varios enlaces na rede sobre o Malas Pécoras, en concreto en Facebook hai un no que comparto gusto polo local cun amigo. A maioría dos comentarios sobre o Malas inciden na simpatía e amabilidade das camareiras. Pensades que a xente non se deu de conta que Santi ten barba debaixo das rastas?

Isa- É que disimula moi ben.
Emma- Si, disimula moi ben.
Isa- É o mago do disimule.
Emma- Mentres non faga unha cola.

Outro dos comentarios que atopei, foi: mil detallitos con los que perder el tiempo. Un deses detallitos eran as pin ups que tedes recortadas nas mesas. Roubásteslles revistas aos vosos irmáns para recortalas?

Isa- De quen era esa revista?
Emma- Dun almanaque, corteinas dun almanaque especial de pin ups.
Isa- Creo que non era dunha revista.
Emma- Non, era dun almanaque.

E as pezas que lle faltan ao barco de Playmobil, onde van?

Emma- O meu irmán, xogando.
Isa- Hai un rapaz que se ofreceu amablemente para restauralo.
Emma- Que conste que dentro aínda ten cousas, o cofe co tesouro e máis cousas.
Isa- Pero o rapaz este, ofreceuse un día a altas horas, entón dicíalle eu: vente a primeira hora e falamos, pero a esa hora nunca chegou a vir.

Hai tempo que a música soa baixa. Botabades de menos as parvadas que di a xente cando está bébeda?

Isa- Traballando non te enteras.
Emma.- Non, non te enteras.
Isa- Non te enteras do que di ou non di a xente, pero en fin, algunha cousa sempre hai, depende da hora.
Emma- Hai que subir a música.

Tamén tedes música en directo. Que días da semana?

Xoves.

Parécevos un bo día para música en directo?

Isa- Si.
Emma- Si.
Isa- Home temos a Ricardo os luns.

Os luns? E parécevos un bo día para poñer música en directo?

Isa-Si, claro
Emma- É o mellor día.

Xa non se pode fumar nos locais. Vedes que a xente beba máis, ou está a xente máis nerviosa?

Emma- É un pesadelo para un fumador.
Isa- Eu vino os primeiros días, que a xente estaba así como pendente: que fago para fumar, necesito fumar, saio fóra, cambio de sitio. Pero logo, todos se foron afacendo, non noto cambios especiais na xente que vén por aquí.
Emma- Máis resfriados, hainos que están sempre fatal.

Os taboleiros de xadrez son para desestresar á xente?

Isa- Si, hahahah
Emma- Senón, imaxina que farían.
Isa- Os mellores están aquí.

Entón por que vexo sempre as mesmas caras?

Isa-Porque os mellores non varían constantemente.
Emma- Teñen unha liga.
Isa- É difícil chegar aí.

Que faces con todos os cartazes que vos pegan na porta e na máquina de tabaco?

Isa- Van para a papeleira, algún pídencho de recordo, dalgún concerto ou cousa así, pero a maioría vai para o papel.

Hai algún ao que lle teñades cariño?

Emma- Algún gardei. Dun concerto ao mellor.
Isa- Si, algún especial.
Emma- Da festa hortera, dos primeiros.
Isa- Tiñan carteis chulos. Teño algún aquí no bar, creo.
Emma- De King Putreak penso que teño algún gravado.

Existe algún grupo de persoas que saian do común dentro da vosa clientela?

Emma- Ui
Isa- Todos son especiais.
Emma- Si, si, todos.

Non hai grupito especial por aí?

Emma- Hhahahahah, hai un moi especial si, moi especial.

Por que?

Emma- Por todos eles.
Isa- Polo variopintos, variados..
Emma- É que iso pode ser, colle moita xente.
Isa- Polo diferentes que son cada un e o ben que se levan.

Vanme matar.

Isa- Normal.

Por último dicide algo, o que queirades.

Isa- Pasácheste.
Emma- Acabas de pasarte.

miércoles, 9 de marzo de 2011

ENTREVISTA A XCARLOS (deseñador gráfico)



"A cabicha no cu"

De pequeno querías ser rapeiro?

Non, pero....por que o preguntas?

Pregúntocho porque como te chamas XCarlos...

Chámome no DNI José Carlos, pero normalmente asino XCarlos, co X abreviado, simplemente.

Para estar en tantas estar en tantas iniciativas como deseñador, aínda tes en branco o teu perfil do Google. É unha reivindicación do minimalismo?

O perfil do Google?

Si, en Google daslle a un comando e aparece "Mi perfil".

Pero é que non o emprego, pero si teño un debuxo no Google, de todas maneiras non me interesa moito.

Por que tes unha fixación do negro sobre branco e nada máis?

Pois porque case todo o que fago, nos proxectos que eu fago, faise en fotocopia, e en fotocopia, ademais de seren as máis baratas, as cores branco e negro, son as cores máis doadas de reproducir.

Nunca che dixeron que para ser unha persoa tan animada fas uns deseños moi sosos?

Non, heheheh, o certo é que non, imaxino que se trata diso.

Cando dixeches na túa casa cal era o teu traballo, preguntáronche se realmente iso che daba cartos?

Non, porque o certo é que conseguín axiña traballo no deseño gráfico. O unico que me preguntaban se non ía saír na televisión así, porque estudei xornalismo, pero o demais non lles deu problema.

Tes traumas da infancia?

Non, así claros non, non me pasou nada tráxico.

Entón por que debuxas personaxes tan feas?

Porque son eu guapo xa.

Gustaríache ser un personaxe de "Arros cubat"?

Ben, imaxino que si. Ou non, Arros cubat é unha serie de deseñadores, entón sítome identificado con cousas e chistes que fan. Queres que che diga cal deles?

Vale, dimo.

En calquera caso, Xavi non podería ser, é un "hetero-gañán", e estaría entre o deseñador mariquita e o outro deseñador austero.

Buscando o teu nome na rede, o teu nome aparece en varios links, estás a favor do pluriemprego?

E que eu non estou pluriempregado. Teño un traballo polo que me pagan, e logo fago cousas para proxectos nos que estou implciado, e que non cobro, desde hai tempo deixei de cobrar por nada que non sexa o meu traballo. O resto son proxectos nos que esou implicado, non son traballos en sentido extricto. Aínda que si supón algún tipo de capital, pero non pautado laboralmente.

Algunha vez che chamaron "rojo de mierda"?

hahahaha Unha vez chamáronme "rojito de mierda".

Deus bendito, explícame iso.

Pero ti sábelo.

Non, non.

Pois unha vez no Avante, baixaron uns quinquis, ben uns rapados. Estabamos como tres ou catro na parte de abaixo e eles comezaron a tirar cadeiras e tallos, chamáronme a min "rojito de mierda", pero nese momento chegou Carlitos e espantounos, sen tocarlles un pelo, por su posto. Entraron e fuxiron.

Non coñecía esa historia.

Entón porque mo preguntabas?

Pregunto. A ver, tiveches que ir ao hospital despois dalgún dos teus streapteases (estritis)?

eeeeeeeeeeee...de estritis, despois do estritis non.

E fixéronche limpar o chan algunha vez despois dun dos teus espidos integrais?

Xa o limpo eu co meu corpo. Normalmente son eu quen se ten que duchar despois e atopo cabichas no cu e cousas dese tipo.

Véndote a ti mesmo espido, cal é a túa mellor cualidade?

hahahahahahah....realmente nunca me vexo espido. Refíreste cando fago estritis en festas?

Non, cando te ves, simplemente.

Ah, en calquera momento? Pois, no sé, la polla imagino como todo el mundo.

Depilaraste algún día?

Non teño intención, afeito a cara iso si.

Tony Lomba ou Elio Dosantos?

Tony Lomba.

Por que?

Porque se apelida coma min, porque é o máis macarre.

Poden os poetas vivir sen os deseñadores?

Creo que si, de feito viven, outra cousa é que nos levemos ben e se son bo complemento, pero hai moitos poetas que teñen libros que non están deseñados e non hai problema.

Galliano é unha fashion-victim?

HAHAHAHAHAHAHAHA. Primeiro entendín que me preguntabas por Eduardo Galeano.

Non, Galliano.

Xa, xa che entendín Galliano. Non, somos nós máis víctimas del. Non, non é unha fashion.victim.
É un capullo.

Enviaches o teu CV a Dior?

Aínda non, fareino en breve. De todas maneiras, eu son deseñador gráfico, non de moda.

Despois de deseñar o cartaz para o ciclo Black Panthers do Cineclube de Compostela, fixeches o salto do tigre?

Non sei se te fixaches, pero vivimos nunha bufarda e resulta tecnicamente imposible facelo desde a miña cama sen saír ao tellado. Falod esde a experiencia.

Por que non estás ti deseñando a carátula de "O divino ferrete" primeiro filme porno galego?

Porque non mo pediron. De todas maneiras penso que non o faría, porque non creo que sexa un filme porno realmente, paréceme un proxecto ambiguo.

Dime algo, o que queiras.

Estes silencios van quedar gravados e valos reproducir con puntos suspensivos e comentarios, pero non teño nada que dicir. Queres unha cervexa?

Si, moitas grazas.

martes, 1 de marzo de 2011

ENTREVISTA A IVÁN CUEVAS




"OH, QUE SOSO SOY"

Considéraste un friki?

Eu? Non.

Non?

Non. hehehehehe

Pregúntocho porque hai uns anos, recitabas as palabras que a Virxe de Lourdes dixera en occitano á nena Bernadette.

Iso foi culpa dun profesor de linguas románicas minorizadas que nos dixo iso basicamente en gascón: "Io son ero Inmaculada Concepçio" (máis ou menos)

Vale, pero sinceramente, usáches esta historia de recitar en occitano para liarte con alguén?

Non, nunca coñecín a Bernadette.

Entón usabas esta historia para espantar as que non che gustaban.

Tampouco.

Ademais da de Lourdes, sabes algo en asturiano que teña dito a Virxe de Covadonga?

Non, a Virxe de Covadonga cando apareceu penso que aínda se falaba latín por alí ou algo parecido.

Cantaches algunha vez o Asturias patria querida estando piripi?

Siii, na versión oficial e na versión da revolución do 34, Asturias tierra bravía.

Aínda segues a dicir que non es un friki?

Ostia, daquela hai moita xente que é friki se se mide por cantar o Asturias patria querida estando borracho (rise mentres fala)

Por que che gusta tanto dicir a palabra piripi?

Queeee?

Piripi.

Ah, piripi, pois porque explica moi ben o paso previo á borracheira, cando aínda non é tal, e á parte, porque é bonito usar palabras que se usaban hai vinte anos ou trinta.

Ai meu deus, en fin. En Cácabos d´adoquín, na súa presentación dise que naciches no Xixón dos anos oitenta durante o seu desmantelamento económico e industrial. Durante as loitas obreiras daquela, supoño que os traballadores tirarían adoquíns, que se fixo con eles, ampliar a praia de Xixón?

Realmente en Xixón, praticamente non hai rúas con adoquíns.

Entón por que lle chamas Cácabos d´adoquín?

Porque o adoquín é bonito. Ten unha definicón Haro Tecglen sobre o adoquín no seu diccionario de política, onde explicaba o valioso que fora o adoquín para a política e agora se facía o mesmo con valados ou cabinas telefónicas, pero que o resultado era menos poético. O adoquín é bonito. Realmente, nas loitas do naval, o que se tiraban eran cascallos, pedras, madeiras e sobre todo voladores, foguetes.

Hoxe en día de que vive Xixón, de Nacho Vegas ou do Euroyeyé?

Probablemente das prexubilacións aínda a día de hoxe. Hai as prexubilacións dos do naval e as prexubilacións dos mineiros que foron vivir a Xixón. Non sei os datos de Xixón, pero en Asturies, entre mozos desempregados e mozos que non buscaban traballo, había como un 60% da poboación moza.

Explícame este verso do teu libro: "nunca llovió n´añu bisiesto"

Explícamo ti. Carles Riva di que a poesía non se explica. Pero á parte diso, eu penso que máis que pensar que a poesía non se explica, a poesía é un constructo que se fai entre o lector e o autor. Se o lector non ten unha explicación para ese verso, ese verso é fallido.

Insisto, es un friki.

Non, e á parte, díxolle a pota ao caldeiro.

Estou perdendo facultades. Escrebes en asturiano, entón por que a algunhas amigas túas de Asturias lles tes falado en castelán?

Amigas miñas de Asturias? Si, pode ser. Porque a situación sociolingüística de Asturies non é a de Galiza, e mesmo en Galiza hai moitísima xente que fai o propio. Non creo que sexa fácil explicar ese tipo de procesos e non me preocupo moito deles.

Consideras o asturiano (a lingua) como sexi?

Non sei, depende. Nunca liguei en asturiano, de todas maneiras moitas veces escoitei que en galego non se ligaba, e non creo que haxa maior problema.

Ti non tiveches problemas, ou?

Si, pero non pola lingua.

Na web 123people.es, aparece o seguinte: Ivan Cuevas - Email, dirección, número de teléfono, ¡todo!, e despois. La prostitución en la prensa gallega a examen. ´É unha maneira túa de anunciarte?

Deberías fiarte de webs mellores que esa. É un traballo, basicamente. É unha análise do tratamento da prostitución na prensa galega. Non ten máis ca iso.

Participas das redes sociais?

Non.

En ningunha?

Depende do que entendas por redes sociais, pero penso que non. Nas redes sociais reais si, nas virtuais non.

É que hai un Iván Cuevas en Facebook. Es ti?

Non, pero hai 17 que se chaman coma ti que tes de amigos.

Cantos idiomas falas?

Ben?

A ver, cantos idiomas falas?

Pois para defenderme, un, dous, tres, catro, cinco, seis, sete...sete.

Sete idiomas?

Si, oito se contas galego-portugués por separado.

Dáche tempo a atendelos a todos?

Non, por iso dicía se preguntabas se os falaba ben.

Los Berrones ou Nosoträsh?

Los Berrones claramente

E Nosoträsh?

Son horteras. A min gustábanme Undershakers.

Es membro fundador do Cineclube.

Iso din.

Si?

Siiii.

Seguro?

Si.

Por que hai tempo mesmo dubidabas da túa presenza nos papeis da fundación.

Nooon, en absoluto, eu estou nos papeis da fundación, dubido da miña existencia no rexistro de cargos actuais.

Tes traducidos moitos subtítulos do inglés ao galego e do francés.

Moitos non, algún.

É dicir, podemos dicir que tes un bo dominio de varias linguas como dixemos antes.

Ben, deféndome.

Entón, por que te trabas tanto cando falas?

Por que ás veces, custa atopar as palabras precisas. Á parte, quizais é mellor trabarse un pouco e falar máis lento, que non falar máis rápido e dicir tonterías.

Do ron con cola ao licor café, do licor café ao vermúz, do vermúz a Iniciativa Internacionalista. Despois de Iniciativa Internacionalista, cal será a túa nova afección?

Vexo que o teu servizo de intelixencia funciona mal. Nunca abandonei o ron con cola, e nunca dei un apoio público máis que á legalización de Iniciativa Internacionalista.

Ergues o puño dereito cando soa a internacional, por que? Por si las moscas?

Por que o puño que se ergue coa Internacional é para bater. E eu son destro.

Falo por iso ou é un sinal de cómo van os tempos para a esquerda?

Non, fágoo por iso e porque nunca entendín o feito de que hai que erguer o puño esquerdo, precisamente érguese un puño para bater.

Por último, dime algo, o que tu queiras.

Algo, o que tu queiras.