jueves, 22 de marzo de 2012

ENTREVISTA AOS DA RÍA




Arturito Puy e Fabián Santomé, Os da Ría, por fin neste blog.

"Quixemos chamarnos os LopezVeigas"

"En moitas xoldras temos cantarelado o himno galego ranchera"

Anuncian posible concerto do seu "O DISCO DÍSCOLO DOS DA RÍA" para comezos de decembro de 2012

Levádesvos ben?

Arturito- Home, xa se ten falado moito destas liortas e lear que temos entre os nóscolos. A verdade é que somos como un matrimonio que leva moitos ans, non sei se Fabián está de acordo. Evidentemente sempre xorden as púyolas de tantos ans de relación. Sempre se van sumando pequenos detalles. Por exemplo, a min dáme moita carrax cando estamos nunha comida opípara e Fabián ten o feo costume de coller as cascas do marisco pousalas no meu prato e pareza que comeu menos do que comeu e sexa eu o lambón.

Fabián- Iso é certo(chega o camareiro) Tres cañiñas. Eu vou facer un pouqueliño de intrelogoutrada, vou facer menos rexouba e vou ir máis diretamente ao gran. Coido que nos enlevamos moi ben. Eu son o padriño do teu neno, non Arturito?

Arturito- Si, Paula.

Fabián- O teu neno Paula, evidentemente. Hai un videolo moi senlleiro que está na rede e que fixo hai xa un an e pico, o programa Miradiñas, de Miguel Miradiñas, en o que se fala xa sobranceiramente de todo isto. Como el di, un matrimonio ben avindo ten as súas rexoufas. Pero de cótele, claro que nos levamos e é un góstele moi grande e para endemostralo imos darnos aquí unha afectuosa apertolada.

Arturito- (Fabián quere abrazalo) Pero que merda é esta!

Que é o que vos enxerga?


F- A nós o que nos enxerga é a xente coma ti, que ten o góstele de compartillar unha cáñola con os nóscolos, enxérgannos as mulleres belidas, enxérganos a xente senlleira e de ben, enxérgannos os sillóns cómodos máis que os incómodos.

A- Podemos dicir que somos atípicos, porque entre a paz e a guerra, preferimos a paz. Entre a fame e a fartura, a fartura.

F- Respeitamos a xenteliña que ao mellor emprefire a guerra, ou que prefire os sillós incómodos ou a comida insípida. Aínda que prefiramos os platos ben xugosos e saboirosos. Creo que basicamente nos enxerga iso e que estamos de acordo aí, verdade que si?

A- Si, porque, queiras que non, tamén tivemos a sorte de adicármonos ao que nos gosta faguer, e levamos moitos ans dedicándonos ao espectáculo e vivimos moi ben del e non tivemos, afortunadamente, que traballar nunca, e iso é un góstele moi grande. Por iso, para nós poder enxergar unhas cantareliñas, poder borrexar cunhas rapazas belidas, con esas cóuselas, xa ficamos contetes.

Sodes unha parella atípica no que é o panorama do humor. Sen ter un programa semanal na TV, xa rompestes. E disto hai xa dous anos. Canto vos pagaron por facer a vosa ruptura?


F- Pois non nos pagaron de cote. Se me permites que che encorrixa un pouqueliño, non houbo unha ruptura propiamente dita, senón unha despedideira. Levabamos moitos ans traballando, levabamos moitos ans enriba dos esceairos, ás veces endebaixo deles, e chega un momento que queriamos atinxir proxectos máis persoais. Em por iros, comezamos esta xireliña de despedida, en a que aínda estamos.

A- Houbo un momento...

F- Vou xantarelar unha concretiña...

A- Concreta. Cando Fabián me propuxo o seu proxecto senlleiro de que ía cantar, ou como era? Joan Manuel Serrat canta o novo cinema americano?

F- "Ismael Serrat canta al nuevo cine americano", que e un proxecto que estou preparando neste momento.

A- Entón aí díxenlle: vamos ter que enxergar unha despedideira, porque hai moita xente na nosa Galiza, que aínda non tivo o góstele de vérmonos con os nóscolos, entón imos facer unha xira de endespedideira. Escomezámola no an 2009 e estamos agora escomezando esa xira de despedideira, a ver se nos podemos despedir de todos cantos concellos deste país poidamos.

F- Que ogallá dure moitos ans.

A día de hoxe, esta longa xira de despedida, estavos resultado rendible, sobre todo para ti Arturito que tes unha filla e varias ex esposas que manter.


A- Para Os da Ría nunca foi un problema o tema dos cártolos. Nós levamos moitos chopes. Non sei se sabes que eu sempre no esceairo estou coas chaves do meu Toyota, do meu Toyi. Ise Totyota fíxeno coas Letras Galegas de Aquilino Iglesia Alvariño. (risos de Fabián) Coa cantarela que lle adicamos ese an, Toyota. O apartamento de Sanxenxo, ese foi con Celso Emilio Ferreiro. Porque temos un chope que é que as distintas conselleirías de Cultura, sempre nos encarregan cantarelas para as letras galegas. Tamén nos encarregaron a de Saidade (conselleiría) a "canción dos bícolos". Pensamos que é mellor bicarse que meterse coca, por exemplo, que é o que di a cantareliña. Temos moitos chopes. Temos a cantarela: "non mordas a man que che dá de comer, Deputación de Lugo". Con eses contactos que fas en diferentes comidas e xantares opíparos, vas tirando. Sempre vas tendo un remañente para os gastos.

F- Hai que endedicir,que nesta xireliña como no resto da nosa traxeutoria, a busca encicais dunha rendabilidade económica, eu penso que non é o noso motoreiro de o noso traballo. A rendabilidade penso que se traduce en cantareleiras, en risadeiras de o público, en sorridelas de unha muller belida, en que a xente desfrutele un pouquiño.

Entón, estades a dicir que o feito de virdes en limusina nas festas das letras, hai dous anos, quere dicir que tedes "un amiguito del alma", polo menos en Lugo.

A- (risas de Arurito e Fabián) Amígolos temos muitos. Cando un leva tantos ans e nos mellores esceairos, non só de eiquí de Galicia, que paramos porque un sempre quere voltar ao níñolo de onde saiu. Nós actuamos coas mellores cupletistas de Madrid: Concha Velasco, Ana María Matute, Carmen Martín Gaite, en Barcelona, Merçe Rodorera, Rosa María Sardá..coas mellores. Da mesma maneira tamén coñecimos aos máis grandes do teatro e da farándula española.

F- Moitos amigos da alma no mundo da politiqueira tamén.

A- E de Xose, o que era terceiro nos da Ría. Que decidiu meterse en Terra Galega. Non lle foi moi ben, pero foi o que apostou pola política.

F- Nós estivemos sempre conténteles con todos os gobenros, e deixamos grandes e senlleiros amígolos que sempre nos enapoiaron e sempre encolaboraron connóscolo, en todos os iños de a politiqueira.

A- É certo que un dos nosos grandes amigos foi López Veiga. Coincidimos con el cando o do Cangarexo Real, que era un boi de Francia, que intentaran vendelo como unha especie autótono. Non gustou, pero aquel día coñecimos a López Veiga,unha persoa moi trangalleira, dos nosos gósteles.

F- Estivemos enapiques de chamarnos os "Lopez Veigas". Os da Ría naceu aí, que comezamos a falar con el. Díxonos que fixesemos algo senlleiro e de cote, iamonos chamar "os LópezVeigas". Segue sendo un grande amígolo. vémonos ás veces, xa non comemos cangarexo real, hahaha, algúnha outra pézola de marisco ou de xabarín.

Lembro a clamorosa manifestación que se convocara en decembro de 2009 contra a disolución d´Os da Ría. A vosa separación foi un preludio ou un exemplo a seguir para as forzas políticas autóctonas?

F- Boa peregúntola, sei por onde van os tírolos. É certo que agora na xente xoven hai moita reveldibia, moita furibundia. Hai xente que sempre quere protestar, que está descontenta. Imaxino por iso que cando anunciamos a xira de despedideira, a moita xente lle caeu a ánima aos pés. Pensaban que acababa o conxunto que dalgunha mañeira representaba a banda soora dos seus soños. Non podemos negar que nos conmoveu sobrexeito, aquela demonstración de agarimo por tanta xente xoven. Home, habia xente que soubera que fora xoven de xoven pero non era tan xoven. Conmoveunos aquela demonstración de agarimo. Nós xa lle dicimos sempre a esa xente que ten tanta reveldibia e furibundia, que hai que apandar. Contra o sistema non debemos loitar.

F- E máis engora, que son tempos, encoidamos, de deixarse levar, que gobenre quen teña que gobenrar, que faga o que teña que facer,e de apandar.

A- É certo o drama do paro. Eu teño un amigo, Núñez Feijóo que ten un primo que está no paro e parece que é unha experiencia desacougante.

F- A toda esa xente, nós endicímoslle sempre con o corazón no peito, que enruban para diante, que pensen en positivo e non se devengn en baixo, que pensen ennóscolos, por exemplo. Levamos toda a vida sen traballar e tampouco nos queixamos.

Actuaredes na Cidade da Cultura ou esperaredes a un novo bipartito para que vos ofrezan cantar o himno galego a capela no Parlamento?


A- Esa é unha cousa que nunca nos ofertaron.

F- Nós sempre tivemos unha cantarela moi grande, que quizabes un día destes enxergaremos en algún dos nosos concertos na xira de despedideira. En moitas xoldras temos enxergado unha cantarela que é o Himno Galego ranchera.

A- Anunciamos que na xira de endespedideira, temos pensado engadelar dúas novas cantarelas. Que son o Himno Galego ranchera, o Himnodoro, dos da Ría, incluido no noso "Disco díscolo". Tamén queremos engadir a nosa cantarela, a que lle dedicamos a un dos grandes amigos dos da Ría, ese xornalista senlleiro, típico xornalista lugués que sempre fala así sen abrir moito a boca: Fernando Ónega.

Dicídeme que vos inspiran estes nomes:


Gerardo


A- Bo amigo.

F- Vou enrepetirme, moi bo amigo diría. Está nos nosos concértolos e non conquerimos que cantara connóscolos, porque sempre que o chamamos está no baño.

Alberto

F- Pois outro grande amígolo. Nós temos unha cantareliña que lle compximos e que nos gusta moito cantarelar.Todas as nosas cantarelas son sinceiras e saen dos nosos corazóns. Pero esta se cadrar, é desas sinceiras e senlleiras. Alberte se algo non ten, é avaricia.

A- Eu mesmo diría, Monte Cuco. Porque nós vamos moito a Monte Pio, teno tan limpo que lle chamamos Monte Cuco.

Elena

F- Elena Melena, que imos dicir, que leva con a nóscola carreira tantos e tantos ans, con esa cantarela. Ela gosta moito desta cantarela. E toda a familia real que son, de verdade, xente campechana, chavacana, unha auténtica familia que é unha maravela. En algunhas ocasións teñen cantarelado esta cantarela.

A- Na Zarzola.

Que pasou con Ruth, Ursula e Sinforosa, que eran os vosos corpos de baile?

F- De cote estou pensando dicirlle á miña secretaria que lles dea unha chamadeliña. Que lles mande uns rámolos porque tiñan uns corpos ben belidos e unhas cabezas ben senlleiras.

A- O que pasou foi o tempo por elas.

F- E nós tamén gostamos de apostar por xente noveliña, os corpos de baile sempre lle deron oportunidades ás rapazolas novas. Elas xa teñen feita a súa carreira, xa teñen os seus maridos...xa é outra cousa

A- Hai que apostar pola canteira galegueira.

Cando fixestes o saúdo ao clube de fans dixestes "non á pirateiría".


F- E seguímolo endicindo. Nós non é xa polo diñeiro. Cando copiarelas un díscolo, xa non é por o diñeiro, que efectivamente, roubádesnos un diñeiriño, pero a nós que máis nos ten dez mil euros máis arriba ou abaixo. Eu dígolle a toda a xenteliña que non copiareledes os díscolos porque estades a facervos danos aos vóscolos. Ti copiarelas díscolos?

Non

F- Xa se ve que es un rapazolo culto. Cando un rapazoulo copiarela un díscolo faise un dano aos eles, porque está borradelando dalgún xeito a banda soora dos seus soños. Nós compunximos a banda soora dos vosos soños e recórdolos. Non atentedes contra iso.

A- Estou de acordo, sen que serva de precedentele, con Fabián, cando saquemos o noso "Disco díscolo" o mercadele como se mercadela calquera cousa.

F- Case lle damos a nóvola a este rapazolo. Os da Ría en reposta ao amoreiro e respeuto dos nosos seguidoires, imos ensacarelar unha campaña senlleira para a gravación do noso dísco. "O disco díscolo dos da Ría", que vai ser unha recompilaución, dos nosos ans nos escearios, con máis de 25 cantareliñas, todos grandes xites, e que imos lanzar cunha grande campaña en Bercami, e Kraufounding. Imos sacar unha camapaña que permitirá a todos os e todas as que gosten, podan encomparar por antidipado o díscolo, e a entradeliña ao grande concerto "Toda unha vida enriba dos esceairos", que acontecerá posiblemente a comezos do mes de decembro deste an.

Seriades capaces de confesalo por fin? Vivides en pecado.

A- Eu teño unha segunda residencia perto d´O Valdoviño. Cerca de Xuan Pardo, bo amigo, pero está máis cerca de Cariño que de pecado.

F- Se pecado é gosterelar dos bos viños, das mulleres belidas, dos sofás cómodos, vivimos en pecado.

Dicídeme o que queirades:


A- Pois os da Ría, Alegría! Que podemos dicir? Que non hai que vivir nin con reveldibia nin furibundia, que hai que vivir con moito góstele, hai que sempre tirar adiante, disfroitar a reo, e facer o que a un lle gostele.

F- E sobordetodo, facer o en galegueiro. Moitas grazañas

A- De ren.

sábado, 3 de marzo de 2012

ENTREVISTA AO GARCÍA, RAPEIRO


"Estou pensando en sacar o carné de maquinaria pesada"




O primeiro que quero saber é como se pronuncia o teu nome: García, Gharsía ou Gharcía?

Iso é a gusto do consumidor.

A día de hoxe cal sería oficialmente a túa ocupación profesional: artista?

Artista das pistas, non?

Conduces máquinas paleadoras?

De momento non, pero estou pensando en sacar o carné desa maquinaria pesada para esmagar algunhas cousas.

Cales?

Por exemplo, o Horreo onde están os ratos.

O estilo musical que traballas agora é o rap, correcto?

O rap, si. É un acrónimo de rithm and poetry, ritmo e poesía, o ritmo da música, como forma de expresión oral. O correcto sería dicir músico de rap. E o nome artístico sería García Mc, que significa master of ceremonies. Era a denominación do mestre de cerimonias, do presentador da festa, porque o hip-hop comezou sendo un movemento festivo.

Cal é a diferenza entre hip-hop e rap? A pregunta do millón.

Ás veces escoito o de: o rap vai máis lento e o hip hop vai más rápido, e cousas así de surrealistas. O caso é que denominamos cultura ou movemento hip-hop unha cultura un movemento que comeza a comezos dos 70 no barrio do Bronx, desenvolvido por xente que sufre directamente a exclusión social, e que se converte nun movemento festivo antirracista. Aglutina á xente colectivamente a través de diferentes expresións á xente da rúa. As expresións serían o breakdance, graffiti e o beatbox ou rap, que é unha das expresións do hiphop.

Hai algunha diferenza entre un rapeiro que leva os calzoncillos ao aire e un que non os leve?

Pois non necesariamente. É certo que quen os levan ao aire será por unha cuestión estética. E probablemente estea máis influído por esa parte que usurpou o capitalismo á cultura hip hop. Seguramente quen non os leve ao aire, será que non lle dá importancia a esa cuestión. Daría para facer moitas reflexións.

Ti estás en varios proxectos musicais. Un é con Leo Arremecaghoa. Se vos buscades aos dous en Internet aparece Leo García, un músico arxentino. Entre as influencias deste home están The Cure. Que consello lle darías a Robert Smith, que corte o pelo?

Quen é ese?

O cantante de The Cure.

Non os controlo. Non os escoitei nunca. Oín moitas veces o nome. Probablemente se os escoito me soe algo, pero non os controlo.

Estás implicado no proxecto Labregos dos Tempos dos Sputniks. Con eles a túa carreira entre noutra órbita?

É outro terreo, outra forma de expresión e estética comunicativa. Tamén estiven nunha banda de salsa brava, facendo coros e metendo algún rapeo. Cando á xente lle falas de salsa, vénlle á cabeza toda esa idea de salsa comercial que nos chegou aquí. Pero falamos de todo ese movemento que ten as súas raíces africanas, como o hipo hop e o rock´n´roll. Logo son así diferentes terreos, cada un coas súas características. En Dios ke te crew é unha cousa moito máis contundente. Se queres falamos máis diso pero prefiro que me preguntes máis directamente. Son proxectos diferentes. En Labregos mesturamos a cousa máis punk con rap, pero logo está tamén aí a raíz. Un pouco as cancións revolucionarias de todo este imaxinario colectivo desta parte do mundo. Entón hai aí moitas fusións e sobre todo, sen ningún complexo. Podes atopar unha versión de Fuxan os Ventos, a mesmo un tema influenciado por Public Enemy.

A banda Sidonie ten un disco que se titula El Fluido García. Isto son casualidades da vida ou xa te coñecían?

Probablemente xa escoitaran falar de min. E eu estou convencido de que puxeorn o nome por iso.

Reclamarás dereitos de imaxe?

En principio non porque creo na cultura libre. Pero todo se pode valorar.

Por que o poema de Celso Emilio Ferreiro, "Son un pasmón", vai contra do AVE?

Porque é un poema que desde o meu punto de vista chama para a calma, e vai contra dese mundo do "progreso" que nos venderon. A idea de que indo todo máis rápido vai ir todo mellor. Esa idea está en decadencia. Entón podemos dicir que Ferreiro se adiantou aos tempos, nunha poesía que non morre nunca. Fala do decrecemento nese poema. Se subes nun AVE, que ademais de ser un desfase, unha barbaridade a nivel de destrucción do entorno. Como a comida rápida. As cousas rápidas non che deixan ver o mundo como é, nin desfrutar da pausa verdadeira davida. Por iso ás veces enlazo o de ser un pasmón coa velocidade do sistema capitalista.

Quen sería máis pasmón: Pepiño Blanco por non facer o AVE, Feijóo por adialo ou o que paga por un billete para a ir a 150 km/h nun tren que non chega aos 90 km/h para ir de Coruña a Compostela?

Penso que os tres. Pepiño Blanco porque si, forma parte de toda esa mercadotécnia. Cada tramo do AVE custa millós de euros que son concedidos a empresas amigas ou o que sexa, pero non vou entrar en chanchullos. Desde logo que ese é un pasmón. Non ironicamente, como di Ferreiro, senón totalmente, por ser un dos responsables da destrucción do territorio. Feijóo é outro pasmóns, sobran razóns para dicilo. Polas mesmas que dixen anteriormente. E o terceiro, moitas veces comprará o billete porque no sistema que vivimos, considerará que é mellor nese momento dado. Probablemente eu, ti e moitos poidamos caer niso nun momento dado. Entón seriamos uns pasmóns, porque o mellor é ir traquilamente e con tempo.

Identificoute a policía ultimanente?

Ultimamente non. Penso que a última vez hai igual un ano e pico.

Se te parase un control policial, daríaslles os teus datos ou cantarías unha versión mellorada de "Ruido Neghro" de Das Kapital?

Non sería mala idea o de Ruido Neghro. En principio, no sistema no que estamos, estamos obrigados a darlles os datos, por moito que te negues.

O rap en galego dá capital?

Non. Precariedade.

Hai que ser un creativo moi mutante para vivir no país no que vives?

Radicalmente si. Precisamente por unha cuestión de supervivencia e máis que nada, porque tes que diversificar, se non varías, é máis difícil gañar a vida. Pero principalmente e máis importante é necesario a nivel artístico explorar novos camiños.

Falando máis de música, cal é a túa droga favorita?

Unha delas é a música. Falando propiamente do termo, marcáronme un antes e despois os efectos da mescalina.

Cando compós unha letra, cal é a primeira cara que che vén á mente?

Depende. Non hai unha norma fixa. Ás veces tes unha imaxe e escribes a partir dela. Ultimamente escribo no terreo dos sentimentos. Para facer rap non, é unha cousa máis politizada e social. Poden ser cousas máis profundas. Pero se escribo poesía vou ao terreo do existencialismo.

Cáenche ben os xornalistas musicais?

Normalmente non.

Cantarías o Himno Galego no Parlamento ou aproveitarías para cantar "Herdeiros da Ditadura"?

A segunda opción, pero o máis seguro que non entraría eu no Parlamento. Aínda que a todo se lle poden dar moitas voltas e as liñas de intervención non se cinguen só aos espazos, senón a como ti poidas canalizar ese momento.

Como titularías un rap sobre a escisión do Bloque?

Agora mesmo non se me ocorre nada.

Por último di o que queiras.

Non sei. Nada, gracias, que está ben interesante que haxa xente que fai cousas como esta. Porque é necesario construir autonomía e estar en contacto a xente do underground e crear escena.