martes, 2 de mayo de 2017

ENTREVISTA A MARÍA VILLAMARÍN E CIBRÁN TENREIRO (MEDIA ESPOSA)


A ver, confirmádeme, sodes parella.
María- Si.
Cibrán-Si.

E quen manda?
M- Eu.
C-Eu non vou discutir esa afirmación.
M-O de mandar é relativo.

E logo?
M-Somos independentes pero teño eu máis carácter que el, supoño.
C-Si, a min con que me deixe ao meu aire un pouco.

Como foi a cousa: afeccións comúns, frechazo a primeira vista...
M-Coñecémonos nos CAF.
C-Si, nada máis comezamos os dous, abandonamos a organización. Non duramos moito.
M-Non duramos moito. Logo diso, eles tamén se escindiron.
C-Agora volveron xuntarse, creo.
M-Afeccións, si, as mesmas, pero a min gústame máis ler que a Cibrán.
C-Eu estaba máis metido na música que María.

Quen lle aprendeu a tocar segundo que instrumento a quen?
 M-Eu aprendín soa a tocar os teclados. Pero é fácil, pode aprender calquera.
C-Eu fun á escola de música municipal de Oleiros.

Fostes bolseiros?
M-Si, na CRTVG, pero non me gustou o ambiente.
C-Eu estiven en Santiago TV, na época de Conde Roa. Coñecino un día que fun ao seu despacho gravalo, sacarlle uns planos mentres estaba reunido con alguén importante, pero sen declaracións. O caso que Conde Roa pechóume a porta. Logo, disque os medios estaban descontentos coa actitude de Conde Roa, a xefa de prensa falou con el e abriume a porta moi amablemente.

Vale, María, mentres Cibrán estaba no Reino Unido, ti que facías?
 M-Ir á biblioteca facer a tese, quedar coas amigas, etc.

Cibrán, ti que facías no Reino Unido?
C-Ir á biblioteca facer a tese e non tiña amigos alí. A ver, estaba a miña irmá alí.

Como coñecestes o Cineclube de Compostela?
C-Eu viñera algunha vez, mentres estaba na carreira, pero tampouco moitas. Realmente coñecinos por unhas xornadas que organizaramos os CAF, creo.
M-Por Marta tamén.

Dicíde o que queirades. 
 M-Non sei.
C-Eu non sabía que a entrevista ía ser sobre a nosa vida sentimental. Pensei que nos preguntarías sobre Esposa.

Vale, pois pregúntovos por Esposa. O nome de que vén?
C-Xacobe e máis eu acompañamos a unha amiga nosa que é poeta e que se chama Barreiro. Por iso nos puxemos "Eba Reiro y Esposa". Logo independizámonos e quedamos en "Esposa".

Por que hai nomes tan raros de grupo?
M-Porque a xente busca algo orixinal.
C-Os nomes comúns están pillados.

Esperades ser famosos co grupo?
M-Non porque para min tocar é, non sei, vou moi arrastro no grupo.

Esposa aceptará a DJ Chapaev como productor?
C-Probablemente non.
M-Non. Xa nolo pediu un montón de veces, pero non porque xa temos a Xacobe.

Xa por último, dicide o que queirades.
M-Gustouche o disco de Esposa?
Non o oín.
C-Como preparaches a entrevista?
Non a preparei.