martes, 4 de mayo de 2010

ENTREVISTA A XURXO GONZÁLEZ





Segues furtiveando marisco?

hahahah, non, iso xa pasou á historia. De cando en vez, cando estou na Guarda, miro como están os lamparóns, os percecbes e os mexillóns, que tamén hai, non coma puños pero hai.

Que andas a facer ultimamente, cara onde te levan os teus pasos?

Os meus pasos leváronme agora ás comisións do Ministerio de Cultura, estou aí a pleno rendemento, de Ignasi Guardáns. Leo guións, sobre todo porque mos mandan selados e sen autoría.

Vas facer unha segunda parte de Os señores do Vento?

Estiven cavilando na posibilidade, pasóuseme pola cabeza algunha vez, sobre todo cando houbo unha especie de "revanchismo" político, cando Esquerda Unida intentou que o botasen abaixo, a nivel político e de política local no concello.

Botar abaixo o documental ou o que fan os Señores do Vento?

O que fan os Señores do Vento, a instalación. Entón iso daba pé para facer unha segunda parte.

Non pensaches que ese documental podería ser usado contra dos protagonistas, pola Garda Civil, pola Xunta, porque o plástico ademais de lixar o monte, tamén é inflamábel.

E é contaminante, PVC, é dicir, mentalidade ecoloxista precisamente non é. Pero canto non hai diso no mundo. Os litros de combustíbel que están a verquer no golfo de Luisiana, iso fano as multinacionais. O que gravei eran dous vellotes que tiñan tempo libre.

Hai un tempo Martin Pawley e ti impartistes un curso no Macuf...

Non, ese curso non se chegou a impartir porque non había xente matriculada. Non tiñan confianza.

Pero quixestes proxectar os señores do vento?

Non, nunca estivo dentro do programa, que era dun curso adicado sobre todo ao documental.

Non se perdeu a oportunidade para Unión Fenosa apreder algo dos Señores do Vento, a reciclaxe de material, etc?

Si, cando foi do plano eólico xa lles dixen que consultasen aí con Chacurro e José María.

O cinema é o teu único pracer na vida?

Non, para min son as mulleres.

Es un director orgásmico?

Pois non, o cinema para min, non é cinema exactamente, porque eu non traballo con cinema, como moito son un creador audiovisual que é como me gusta definirme. O que fago é iso, non é tratar o cinema, senón a videocreación, video dixital.

Nunha entrevista colgada en Vimeo, dicías non traballarías cómodo se tiveses que facelo con grandes medios. Serías capaz de renunciar ao status de director porque non te amañas coas novas tecnoloxías?

Non é cuestión de amañarse coas novas tecnoloxías. É cuestión de amañarse cun sistema de como está ideado o traballo cinematográfico dentro dunha xerarquía, duns valores de produción, duns prazos que iso parece que non, pero tira do peito. Agora mesmo estoume mentendo en proxectos, aprendendo a nivel de produción, conciliar o que é a produción industrial como é a creación, iso ten o seu aquel.

Na mesma entrevista dis que non tomas moi en serio o teu traballo, que para ti é como unha brincadeira. Non obstante, a promoción do teu documental sobre a memoria histórica, tomáchea moi en serio. Proxectáchela ao final?

Si, na Casa das Atochas. Intentei proxectala na Guardia, pero preferiron mellor o traballo dun cienasta uruguaio.

Segues enfadado co Cineclube de Compostela?

Non. Están enfadados os do Cineclube de Compostela?

Non che sei. Non podo falar por eles.

Ah, pois.

Fixeches unha curta que se chamaba 13 pozas, unha versión do traballo de James BenNing 13 lakes. Por que colliches trece pozas? Falta de medios?

Non, sobre todo polo carácter de retranca, de retranca galega. Creo que esa é a miña película máis galega de todas. Curiosamente un crítico de Cahiers du Cinema cualificouna de James Benning pasado por Muchachada Nui. Eu non a considero tal cal, simplemente que o tipo non sabía que era unha poza.

Durante esa gravación viches algunha poza que che chamase a atención?

Non, durante a gravación o que fixen foi afondando, é dicir, que aparecen as trece pozas e logo os intertítulos co nome das pozas, Benning facía o mesmo que acontecía cos lagos. Entón o que si aprendín é unha especie de investigación de como era a toponíma das pozas por exemplo.

Martin Pawley e ti considerádesvos centauros no deserto audiovisual galego?

HOHOHO, boa pregunta. Pois non, supoño que haberá personaxes e pistoleiros de máis longo alcance. Eu teño a miña opinión e Martin ten a súa. Diferimos en bastantes cousas, mais penso que coincidimos na vontade de intentar que cambien as cousas, iso fundamental, porque hai moitas cousas que teñen que cambiar.

Agora di algo para despedirte.

Non sabía que era tan curta a entrevista.

É un blog, non unha revista.

Pois nada, un pracer e aos lectores do blog, emprazalos que vexan unha das miñas peciñas tomando un algo.