sábado 3 de marzo de 2012

ENTREVISTA AO GARCÍA, RAPEIRO


"Estou pensando en sacar o carné de maquinaria pesada"




O primeiro que quero saber é como se pronuncia o teu nome: García, Gharsía ou Gharcía?

Iso é a gusto do consumidor.

A día de hoxe cal sería oficialmente a túa ocupación profesional: artista?

Artista das pistas, non?

Conduces máquinas paleadoras?

De momento non, pero estou pensando en sacar o carné desa maquinaria pesada para esmagar algunhas cousas.

Cales?

Por exemplo, o Horreo onde están os ratos.

O estilo musical que traballas agora é o rap, correcto?

O rap, si. É un acrónimo de rithm and poetry, ritmo e poesía, o ritmo da música, como forma de expresión oral. O correcto sería dicir músico de rap. E o nome artístico sería García Mc, que significa master of ceremonies. Era a denominación do mestre de cerimonias, do presentador da festa, porque o hip-hop comezou sendo un movemento festivo.

Cal é a diferenza entre hip-hop e rap? A pregunta do millón.

Ás veces escoito o de: o rap vai máis lento e o hip hop vai más rápido, e cousas así de surrealistas. O caso é que denominamos cultura ou movemento hip-hop unha cultura un movemento que comeza a comezos dos 70 no barrio do Bronx, desenvolvido por xente que sufre directamente a exclusión social, e que se converte nun movemento festivo antirracista. Aglutina á xente colectivamente a través de diferentes expresións á xente da rúa. As expresións serían o breakdance, graffiti e o beatbox ou rap, que é unha das expresións do hiphop.

Hai algunha diferenza entre un rapeiro que leva os calzoncillos ao aire e un que non os leve?

Pois non necesariamente. É certo que quen os levan ao aire será por unha cuestión estética. E probablemente estea máis influído por esa parte que usurpou o capitalismo á cultura hip hop. Seguramente quen non os leve ao aire, será que non lle dá importancia a esa cuestión. Daría para facer moitas reflexións.

Ti estás en varios proxectos musicais. Un é con Leo Arremecaghoa. Se vos buscades aos dous en Internet aparece Leo García, un músico arxentino. Entre as influencias deste home están The Cure. Que consello lle darías a Robert Smith, que corte o pelo?

Quen é ese?

O cantante de The Cure.

Non os controlo. Non os escoitei nunca. Oín moitas veces o nome. Probablemente se os escoito me soe algo, pero non os controlo.

Estás implicado no proxecto Labregos dos Tempos dos Sputniks. Con eles a túa carreira entre noutra órbita?

É outro terreo, outra forma de expresión e estética comunicativa. Tamén estiven nunha banda de salsa brava, facendo coros e metendo algún rapeo. Cando á xente lle falas de salsa, vénlle á cabeza toda esa idea de salsa comercial que nos chegou aquí. Pero falamos de todo ese movemento que ten as súas raíces africanas, como o hipo hop e o rock´n´roll. Logo son así diferentes terreos, cada un coas súas características. En Dios ke te crew é unha cousa moito máis contundente. Se queres falamos máis diso pero prefiro que me preguntes máis directamente. Son proxectos diferentes. En Labregos mesturamos a cousa máis punk con rap, pero logo está tamén aí a raíz. Un pouco as cancións revolucionarias de todo este imaxinario colectivo desta parte do mundo. Entón hai aí moitas fusións e sobre todo, sen ningún complexo. Podes atopar unha versión de Fuxan os Ventos, a mesmo un tema influenciado por Public Enemy.

A banda Sidonie ten un disco que se titula El Fluido García. Isto son casualidades da vida ou xa te coñecían?

Probablemente xa escoitaran falar de min. E eu estou convencido de que puxeorn o nome por iso.

Reclamarás dereitos de imaxe?

En principio non porque creo na cultura libre. Pero todo se pode valorar.

Por que o poema de Celso Emilio Ferreiro, "Son un pasmón", vai contra do AVE?

Porque é un poema que desde o meu punto de vista chama para a calma, e vai contra dese mundo do "progreso" que nos venderon. A idea de que indo todo máis rápido vai ir todo mellor. Esa idea está en decadencia. Entón podemos dicir que Ferreiro se adiantou aos tempos, nunha poesía que non morre nunca. Fala do decrecemento nese poema. Se subes nun AVE, que ademais de ser un desfase, unha barbaridade a nivel de destrucción do entorno. Como a comida rápida. As cousas rápidas non che deixan ver o mundo como é, nin desfrutar da pausa verdadeira davida. Por iso ás veces enlazo o de ser un pasmón coa velocidade do sistema capitalista.

Quen sería máis pasmón: Pepiño Blanco por non facer o AVE, Feijóo por adialo ou o que paga por un billete para a ir a 150 km/h nun tren que non chega aos 90 km/h para ir de Coruña a Compostela?

Penso que os tres. Pepiño Blanco porque si, forma parte de toda esa mercadotécnia. Cada tramo do AVE custa millós de euros que son concedidos a empresas amigas ou o que sexa, pero non vou entrar en chanchullos. Desde logo que ese é un pasmón. Non ironicamente, como di Ferreiro, senón totalmente, por ser un dos responsables da destrucción do territorio. Feijóo é outro pasmóns, sobran razóns para dicilo. Polas mesmas que dixen anteriormente. E o terceiro, moitas veces comprará o billete porque no sistema que vivimos, considerará que é mellor nese momento dado. Probablemente eu, ti e moitos poidamos caer niso nun momento dado. Entón seriamos uns pasmóns, porque o mellor é ir traquilamente e con tempo.

Identificoute a policía ultimanente?

Ultimamente non. Penso que a última vez hai igual un ano e pico.

Se te parase un control policial, daríaslles os teus datos ou cantarías unha versión mellorada de "Ruido Neghro" de Das Kapital?

Non sería mala idea o de Ruido Neghro. En principio, no sistema no que estamos, estamos obrigados a darlles os datos, por moito que te negues.

O rap en galego dá capital?

Non. Precariedade.

Hai que ser un creativo moi mutante para vivir no país no que vives?

Radicalmente si. Precisamente por unha cuestión de supervivencia e máis que nada, porque tes que diversificar, se non varías, é máis difícil gañar a vida. Pero principalmente e máis importante é necesario a nivel artístico explorar novos camiños.

Falando máis de música, cal é a túa droga favorita?

Unha delas é a música. Falando propiamente do termo, marcáronme un antes e despois os efectos da mescalina.

Cando compós unha letra, cal é a primeira cara que che vén á mente?

Depende. Non hai unha norma fixa. Ás veces tes unha imaxe e escribes a partir dela. Ultimamente escribo no terreo dos sentimentos. Para facer rap non, é unha cousa máis politizada e social. Poden ser cousas máis profundas. Pero se escribo poesía vou ao terreo do existencialismo.

Cáenche ben os xornalistas musicais?

Normalmente non.

Cantarías o Himno Galego no Parlamento ou aproveitarías para cantar "Herdeiros da Ditadura"?

A segunda opción, pero o máis seguro que non entraría eu no Parlamento. Aínda que a todo se lle poden dar moitas voltas e as liñas de intervención non se cinguen só aos espazos, senón a como ti poidas canalizar ese momento.

Como titularías un rap sobre a escisión do Bloque?

Agora mesmo non se me ocorre nada.

Por último di o que queiras.

Non sei. Nada, gracias, que está ben interesante que haxa xente que fai cousas como esta. Porque é necesario construir autonomía e estar en contacto a xente do underground e crear escena.













domingo 19 de febrero de 2012




ENTREVISTA A ÁLVARO OTERO, FILÓSOFO



"Un entra na facultade turbado polas ideas e sae masturbado por elas"



Comezo cunha pregunta que lle fixen a outra filósofa, Cris G Parga; que fan nunha illa deserta, Heidegger, Savater e Sánchez Dragó?

Non o sei. Seguramente nada ao xeito, algunha estupidez seguramente, outra cousa non sei moi ben. Pero seguramente se non hai cámaras no evento, non fagan absolutamente nada. Porque este tipo de xente móvese moito por esta caste de cousas.

Que filme de terror lle acaería a Zizek como protragonista?

Supoño que en calquera dun orfanato, destes filmes sobre internados da época franquista. Como profesor e confesor. Aínda que sen saber cando está a realizar unha destas funcións. Confensando nas aulas e impartindo teoría nos confesionarios.

Cal sería para ti o folósofo máis gore da historia?

Escrivá de Blaguer.

Era filósofo?

Tanto ten, o seu pensamento tirou de máis xente que calquera outro tipo de discurso. Segue máis xente a Escrivá de Balaguer que a Voltaire.

Ti dás aulas de filosofía en institutos...

Cando eran tempos de bonanza.

É difícil meterlles o pensamento filosófico aos alumnos hoxe en día?

Non, eles xa se meten de todo por si mesmos. Por tanto non é moi difícil falarlles das substancias, entenden perfectamente. Non hai nada que dubidar. Falando en serio, hai uns anos, cando nós eramos máis rapaces, pensabamos que o sistema de educación era educación para o sistema. Pero a día de hoxe, praticamente a única capacidade de resistencia que teñen, son os coñecementos que un lle pode dar. No sentido de que os medios de comunicación xa están completamente formados. Saben perfectamente valorar a partir do éxito, da utilidade. A persoa que é feble, ou non é capaz, ou amosa as súas diferenzas é completamente esmagada desde pequeniños. Penso que é a única capacidade de resistencia. Iso hai que traballar máis tempo con eles, a fin de contas, son como persoas humanas.

Imaxina que tes que esplicar agora mesmo a Retórica de Platón, usando como exemplo un personaxe mediático. A quen escollerías, Belén Esteban, Tonecho ou Conde Roa?

Para explicar a tiranía, a teoría política de Platón, Conde Roa sería dabondo interesante. Para outro tipo de aspectos, supoño que Tonecho sería o que valería un pouco máis. Pero ningún dos tres valería, polo menos como exemplos do que non se debería facer, claro.

A cantos Álvaro Otero González coñeces?

A dous. Un que estaba perseguido en Vigo por desfalco, cousa que me tiña moita graza. E outro que estudaba no meu colexio, que non me facía tanta graza.

Por que eu vin en Internet, que hai un Álvaro Otero González, que gañou no 2008 o premio Provincia de Guadalajara. Coñécelo?

Non, pero espero que non sexa o mesmo que desfalcou.

Gañou 10.000 euros.

Ese é un escritor, tamén galego, que escribiu un par de novelas.

Ti participaches no que se chamou Proxecto Derriba. De aí naceu a Universidade Invisíbel?

Non, non, son dous proxectos completamente diferentes e diverso. A Universidade Invisíbel ten como exemplo as universidades nómadas italianas, e está na Coruña. Nós puxémonos en contacto con eles, pero son dúas cousas diferentes.

Ti non pensaches en artellar unha especie de guerrilla do pensamento?

Pois o certo é que teño cada vez más dúbidas sobre iso.

Dúbidas no sentido de montala ou non?

No sentido de que facer. O certo é que un entra na facultade turbado polas ideas e sae masturbado por elas, entón realmente, a día de hoxe como están os tempos, cambiaron moito as cousas. Había un filósofo chinés do século XVI que dicía que aquilo de se o que se sabe non leva cara a acción, realmente non se sabe nada. Entón cal é a acción que podemos facer a día de hoxe? Unha das accións, máis que guerrilla, era romper cun sistema de producción no que todo é equivalente. Na mesma sección está Adorno, Horkheimer, ás veces Sánchez Dragó, Savater, e no Corte Inglés; espiritualismo, Prozac, e cousas así. Por iso, participar gratuitamente significa non participar nun sistema de intercambio. Por iso dicía que unha acción de guerrilla significa unha participación inclusiva, nese tipo de movementos. E neste caso, unha non intervención, unha gratuidade, sería unha maneira de non sacar rendemento.

Se houbese tal grupo, cal sería o primeiro obxectivo?

Supoño que unha acción na Capela do Neno Xesús de Praga, na mesma catedral de Compostela. Paréceme un sitio divertido para calquera tipo de acción. Ou facer un encontro interculturalidade en Santiago Matamoros.

Esa Universidade Invisíbel foi un primeiro intento de pasar á clandestinidade, diante dunha hipotética desaparición de Filosofía como materia educativa?

Como a Universidade Invisíbel non somos nós, non o sei. Pero tampouco creo que teñamos que facer nada para resultar invisíbeis. A día de hoxe, vendo os textos que se promulgan, vendo o desprestixio que ten a Filosofía, e ademais fánselle homenaxes a Fraga, xa pouco hai que facer.

Consideras que a Filosofía en si mesma, nos días que vivimos, é un acto de onanismo?

Depende se es solipsista ou non. No caso de que non creas nas outras mentes, si, non hai ningunha vinculación. Depende do que un poda facer. O que si que ten, é un exceso de academicismo, en parte por culpa de quen se adica á filosofía. É moi difícil non desenvolver o concepto funcionariado dentro da filosofía. A día de hoxe, penso que a existencia é cada vez máis reducida. Onde todo se mide a partir do concepto de utilidade. Iso non é algo que saia expontaneamente, senón que ten unhas causas. A filosofía como entendo eu, tería que entender como se chega a que un rapaz de doce anos que non leu na vida, xa está completamente aculturado nese tipo de acepción da utilidade, que o resto non ten importancia, como os mecanismos do mercado escolarizan a nosa mente. É o mesmo que os imaxinarios. Por que traballamos con determinados imaxinarios, e intentar loitar contra deles. A filosofía non ten que ser nestes momentos sustantiva, senón que estar sempre á contra, porque cada vez é máis invasiva esa política na vida cotiá de cada un de nós.

Cal era o teu grande medo cando decidiches ser profesor?

Grande medo ningún. Grande medo o frío que vai fóra. Realmente un comeza a pensar o mesmo destino laboral, cando perde ese camiño que estaba aberto xa desapareceu. Dar aulas era a saída única, cando era saída, dos licenciados en filosofía. Entón nese sentido, fun bastante acrítico. Unha vez que traballas o medo é a responsabilidade saber poñer en dúbida o mesmo coñecemento, senón é máis ca unha repetición do que aprendiches na escola, ou ter algún tipo de contido.

Ti presentaches o filme Kaspar Hauser, de Werner Herzog no Cineclube de Compostela...

Non me fales deses, non me fales. Panda de sinvergüenzas, que non me pagaron nada. Non os coñecerás?

Creo que non.

Moi mala xente, sobre todo un tan Moncho.

As persoas como Kaspar Hauser son perigosas?

Non son perigosas por si mesmas, son perigosas para unha sociedade na que, como di o refrán: o cravo que sae para fóra só lle queda o martelo. Non se sobresae por ser o máis intelixente, senón por negarse a participar nunha serie de cousas que un intuitivamente, de maneira escura comeza a ver e despois cunha serie de informacións comeza a darlle un certo sentido. Non son perigosas, pero en fin, non sei por que, o medo que nos teñen inculcado fai que o diferente, esa persoa que non se axusta ao canon hai que anulala. Non ten un perigo de por si, pero hai xente que pensa que por ter outro tipo de sexualidade ou crenzas, é algo perigoso.

Ata hai uns meses no CGAC, había unhas proxeccións sobre a televisión nas que aparecían unha serie de pensadores franceses dando a súa visión. Pode haber pensamento detrás dun Barça-Real Madrí?

Si, ás veces o importante non é o que se mira, senón como se miran as cousas. Un Barça-Madrí non che vai dar as ferramentas para poder interpretar ese tipo de accións. Pero desprestixialas así de maneira categórica, é complicado, porque hai moitísima xente que si ten unha vinculación con iso. Algunhas veces, algúns discursos de pensadores que podemos dicir da esquerda, sempre falaban da alienación do fútbol. Desprestixiávano desa maneira. Pero realmente o que hai que saber é por que a xente se sente identificado con esas cousas. Se non sabemos por que se senten identificados con esas cousas, eliminalas ou desprestixialas, o que facemos é aniquilar e desprestixiar o contido identificativo de moita xente, moitas veces traballadora, que non tivo moitas oportunidades de formarse ou poder ter unha outra visión das cousas, privilexio que nós temos e que dentro do que cabe hai que devolvela á sociedade.

Por último, di algo.

Non sei, nada, que me escoiten paréceme un privilexio non merecido. Non teño moito máis que dicir.





sábado 22 de octubre de 2011

Entrevista a Miguel Mosqueira Fociños, Guitarrista normativo

"Escapei dunha grupi botándome pola fiestra"


Un día neste pasado verán, oínche dicir que ti a noite entre o 24 e o 25 de xullo, palpas o sexo. Explícate, pálpalo ti ou pálpancho a ti?

Non sei cando dixen iso. Pero, non debía estar falando por min. Estaba falando por min? Literalmente con esas palabras?

Si.

Pois non sei, igual algo fortuito, un roce sen máis trascendencia, pero nada intenso nin importante.

Se dis palpar o sexo é que superaches xa a fase anal?

Estamos aí, estamos aí.

Actualmente es guitarrista de Ataque Escampe. Cantas veces che chamaron “gallego de mierda”?

Pois “gallego” non, pero “tonto, idiota”, ás veces si, relacionado con iso de “Galicia es una mierda”. Pero en fin, lévase ben.

Houbo algún galego que che chamase iso “gallego de mierda”.

Eran todos galegos, claro. O que pasa é que nese momento sentíanse ofendidos por “Galicia es una mierda”. O resto da súa vida non, pero en fin.

Fumas porros?

Fumaba, agora case non fumo.

Por que o deixaches?

Por que estaba apirolado, apirolábame. Atontábame, estaba encebolado.

En serio?

Si. Era hachís. Home, aínda ía controlando, pero diminuía o meu grao de percepción das cousas.

Agora que te metes?

Agora só alcol.

E iso non te apirola?

Apirólame, o que pasa é que é máis puntual. Os porros é máis diario.

En Ataque Escampe, a presenza de cada membro semella que é así como espontánea mesmo casual. Nunca cambias os pantalóns?

Teño os pantalóns para saír, os pantalóns para tocar que normalmente son os mesmos, e ese é o protocolo.

Os furados e os remendos do pantalón fasllos ti?

Iso tamén mo pregunta a miña avoa e os meus pais, pero inténtolles explicar que é algo que se fai desde os últimos vinte anos. Xa os vendes así en Zara.

Pero ti mércalos así?

Todo o mundo os merca así. É o que hai para vender nas tendas.

A ver, eses buratos que tes na perneira non me parecen moi casuais para seren de Zara.

Por que traballan ben o produto, pero é cousa deles.

No último video que fixo Ataque Escampe, aparecedes bebendo dunha cantimplora mentres un grupo de nenos xogan ao fútbol. Tes tendencias pederastas?

Se cadara, non sei, iso sería entrar no noso subconsciente pero, a idea non era esa. A idea era reflectir o aborrecemento vital.

Por iso metestes algo raro na cantimplora?

Iso queda para o making of, que sacaremos para dentro duns anos.

Dentro duns anos, é dicir, cando volva Samuel de Franza.

Non, non, máis tarde, cando sexamos vellos.

Logo de ter asistido a varios concertos vosos, un queda cao sensación de que falta algo, a ti non che pasa?

Si, si. É unha frustración de toda a vida, pero a vida é así, sempre falta algo, pero non hai que facerlle.

Algún día deixaredes entrar unha muller na formación ou usaredes o travestismo?

Sempre deixamos entrar mulleres e homes, as portas de Ataque Escampe están abertas para todo o mundo, o que pasa é que non queren.

Por que?

Porque igual teñen medo ao ridículo dos concertos que insinuabas antes.

Escribes poemas?

Non.

Felicidades.

Hehehehe. Unicamente cancións. É máis doado.

Por que?

Pois porque como hai música de fondo, pode disimular a pobreza do poema. O poema é enfrentarse só á linguaxe.

Cando haberá unha sesión de pressing-catch Miguel Mosqueira versus Alex Charlón?

Non creo que haxa, somos covardes, non temos a valentía de pelexar con ninguén, nin entre nós.

Carallo, pois ultimamente….

Non, só son pelexas verbais.

Quen é o voso asesor de marketing?

Non, non, é natural. Eu que sei, levamos moito tempo convivindo co grupo, entón créanse unhas dinámicas, pero polo resto, levámonos ben.

Cal foi a frase máis heavy que che adicou Alex?

Foi unha vez, penso que lembro nun concerto en Salvaterra, no Festival da poesía, que nas primeiras cancións comezou a acoplar. Alex, non sei por que, pensou que era culpa miña, entón díxome unha frase no medio dunha canción mentres tocábamos. Non a lembro moi ben, pero si lembro que era moi ofensiva. E que se cho di mentres tocas a canción, non podes reaccionar, tes que seguir tocando. Entón iso foi bastante.

Que frase foi?

Era moi ofensiva. Non a esperaba.

Con que letra comezaba?

Era un insulto e un reproche.

E ti non fixeches nada.

Eu tiña que seguir tocando a canción. É a putada.

E a frase máis heavy que lle adicaches ti a el?

Eu que sei. Como temos confianza podemos chegar ao insulto máis ofensivo e doloroso e cruel, e tampouco importa. Non quedamos resentidos por iso.

Pero ti aprovéitaste de que tes carro e el ten que ir contigo aos concertos.

Home, levámonos ben, levámonos ben.

Se o repites tantas veces non sei. Por que a ver, había rumores de líos de faldas entre vós os dous. Pero sinceramente, estades namorados un do outro, por iso vos reprimides.

Tamén será cousa do subconsciente, pero non é intención estar namorados un do outro, polo menos a miña.

Por que rapas a cabeza?

Fágoo últimamente, porque quería refrecar a cabeza e tamén porque así tamén se nota menos a coronilla, se non o rapas moito.

Que fas coas grupies, coleciónalas ou só é un momento de pasión?

Non fago nada.

Non tedes grupis?

Temos grupis, pero non sei se se lles pode chamar así. Pero non facemos nada, non somos moi….non facemos nada.

Non facedes nada?

Non facemos case nada.

Ao mellor non tedes grupis porque non lles facedes nada.

Claro, tampouco falamos con elas case nunca. Somos un pouco autistas, a verdade.

É certo que unha vez escapaches dunha grupi saltando por unha xanela, só porque ela non paraba de falar e ti buscabas outra cousa?

Eu buscaba que deixase de falar, que se fose. É certo, escapei pola fiestra. Non é que fose pola fiestra, pero quedamos pechados e tivemos que chamar os bombeiros. Por que a pechadura estaba vella e non dabamos saído, era un domingo e o cerralleiro non era capaz de abrila. E non foron os bombeiros, foi por unha escada que trouxera o mesmo cerralleiro.

Nese momento que pasaba? Estaba ela moi alterada, metícheste debaixo da cama…?

Eu pecheime no cuarto que logo non daba aberto a porta. Tampouco era unha grupi propiamente.

Xogas ao xadrez, pero vives nunha torre de marfil?

Vivo nunha torre, pero non é de marfil, é de ladrillo. Unha torre existencial de ladrillo.

A que axedrecista lle adicarías ou comporías unha canción?

Eu gañeille a Iván Salgado, que agora mesmo é sub-campeón mundial dezaoito. E gañeille cando el tiña sete anos ou oito.

E ti cantos anos tiñas?

Eu tiña dezanove.

Es un abusón.

En xadrez non importa a idade. Adicaríalle unha canción a Iván Salgado, chamaríalle “En busca do tempo perdido”

Quen é a raíña do teu taboleiro?

Magui Chun, a actriz chinesa. Fixo os filmes de “In the mood for love”, e outros de Won Kar Way.

Por último, di algo, o que queiras.

Que preguntes quen é o líder de Ataque Escampe.

Quen é o líder de Ataque Escampe?

É Roi Vidal. Adicámoslle unha canción e todo, por ser o líder de Ataque Escampe.

jueves 22 de septiembre de 2011

ENTREVISTA A MARCOS PAYNO

“Nunca lembro as letras das miñas cancións”


O teu nome completo é Marcos Otero Payno, si ou non?

Si, si.

Entón por que non lle quitas o “y” a Payno?

Quiteillo hai cinco meses.

Nada máis que hai cinco meses?

Si, pero foi porque a xente me preguntaba sempre por que era “y”, e non vou explicar de onde vén o meu apelido, pero simplemente o cambiei para que a xente non me pregunte.

Vale, de onde vén o teu apelido?

Non o teño claro, por iso prefiro non dicilo. Coñezo varias teorías, pero ningunha me parece fiable.

Cres en Deus?

Non.

Por iso apostataches?

Supoño que si.

En que se parece apostatar a cambiar de compañía de teléfono móvil?

Ostia, que pregunta. Nas dúas é moi difícil saír delas.

Danche puntos se volves?

Non, pero perdóanche. Hai unha cláusula, un punto que di que se no momento final da túa vida te arrepintes de apostatar, Deus acollerate igual no seu seo. É dicir, eu non estou preocupado.

Apostataches do Celta?

Non, iso nunca!! O ano pasado mamei case todos os partidos de Liga co meu grande amigo Gonzalo Vilas, cousa que non lle recomendo a ninguén: ver todos os partidos do Celta en Segunda División.

Eu a ti coñecinte de camareiro, e anos depois vinte en grupos e bandas. As habilidades de home orquestra son boas para traballar de camareiro?

Non, pero teño que dicir que se ligaba máis de camareiro do Avante que de músico.

Depois de tantos anos traballando no mesmo local nocturno, aprediches a lera de Solo Vivir dos Skalariak?

Non sei ningunha letra, nin siquera dos grupos nos que toquei. Non son capaz de memorizar letras.

Ningunha?

Ningunha. Igual algunha dos Resentidos, de Siniestro. Pero non lembro nin o que ceei onte.

O equipo de Komunidando deixa boas propinas?

Temos que dicir que moitas veces temos tentado pagar as cervexas que consumimos no Avante, pero Suso nunca nos cobra.

Nunca?

Nunca na vida.

Como explicas iso?

Home, eu levo anos sen pagar no Avante. Heheh

Comezaches no grupo Xenreira no 1994 e agora, entre outros, estás en Das Kapital. O disco titúlase Ruido Negro. Ti estudaches Filosofía ou Historia?

Estiven matriculado en Historia.

Pregúntoche isto porque máis de un que quixese ir de guai, diríavos algo sobre o de poñerlle cor ao ruido. Nunca vos atacou ata o de agora un filósofo?

Eu en Das Kapital, como na maioría dos grupos nos que estiven, non escribo as letras. Iso terían que dicilo o Leo e o Dani, que son os líderes, eu son o das máquinas.

Ti compós música para Filmax e Filmanova. Ser compositor é o que te obriga a ter instrumentos estraños, como a frauta electrónica que usas en Das Kapital?

Teño ese tipo de aparellos porque non sei tocar instrumentos tradicionais. Fun saxofonista, pero hai moitos anos que non toco o saxo.

Fuches profesor de gaita.

Si, pero hai moitos anos, igual quince anos. Non exactamente profesor…como sabes iso?

Ah! Hai que ter diploma de riscos laborais para tocar o instrumento dos ruidos raros? Como se chama ese aparato?

O Kaosilator. Ese tócao Dani Salgado.

Cando consultei webs para esta entrevista, vin unha que era AVG, Audiovisual Galego. Pero eu pensara de primeiras que eras membro do staff da patente do antivirus, AVG. Buscas inspiración nas web porno?

Home, non é precisamente inspiración o que busco nunha web porno.

Nunha das moitas formacións nas que participaches, cantabades un estribillo que dicía: hai que ir morrendo, don manuel, hai que ir morrendo. Por cantos nomes cambiarías o don manuel dese estribillo?

Por moitos. Feijóo por exemplo, ou o que veña despois que seguro que é peor.

Se tiveses que compoñer unha banda sonora para Feijoo, que ritmo usarías?

Un chotis.

E para Roberto Varela?

Un chachachá.

Cal é o estilo musical que aínda non interpretaches?

Nin siquera sei os que interpretei. Non distingo moi ben os estilos. De feito, hai discos nos que teño participado e esperar algunha crítica para definirnos nós. Cando montamos Le Glamour Grothesque, Denís e eu, que foi un grupo que fixemos para sacar cancións para a Regueifa, un grupo que non existiu, esperamos que saíse a reseña na Regueifa para definir o noso estilo. Que nin eles o tiñan claro.

Un humorista arxentino, Peter Capusotto, teórico do rock, di que Carlos Santana, antes facía rock pero que agora fai merda. Dentro do panorama do rock galego, a quen lle farías unha descrición igual a esta?

WOOOOOWW!!!! Queres que me maten? Pff, teño que pensalo. Jabón Blue.

Non os coñezo.

Está o cantante de Herdeiros da Crus.

A Das Kapital, incorporastes novos membros.

Si, os guitarristas de Galegoz. Pouco a pouco vou metendo a toda a banda.

Iso fixéstelo por que se agradece ter persoas de tamaño normal no grupo, ou só os poñedes con mangallóns para que toquen sen cobrar?

Son os guitarristas e tratámolos como a cans, que é o que son.

Viches algunha foto túa das que saen en Internet?

Algunha terei visto. Por que? Hai algunha que non se pode ver?

Pregúntocho porque na foto de Xenreira apareces ti nun primeiro plano, fóra da formación. Xa daquela querías marcar territorio ou chegaras tarde para a foto?

Non, cóntoche. Eramos dous ventos e viñamos sen durmir. O outro estaba durmindo no coche. Véseme na cara que estou un pouco tenso por non durmir. Iamos facer a foto, pero o fotógrafo colleume e púxome alí. Realmente foi o fotógrafo quen nos colocou. Eu chegara polos pelos á foto, o outro saxofonista quedou adormecido no coche. Non ten máis historia o tema.

Fermín Muguruza fíxolle moito dano ao rock galego ou todos queriades ser vascos?

Todos vivíamos no barrio de Basquiños.

Consideras que a crise económica é unha excusa da consellería de Cultura para non dar cartos aos grupos de aquí?

Home, iso está claro.

Volvendo á música. Con que te drogas?

Baratas pero consistentes, non vou dar nomes.

Drógaste ou non?

Todos nos drogamos dalgunha maneira.

Pregúntocho porque se dis que non, moitos dirán que es mariquita ou que mintes.

Non, mariquitas son os que non lles gusta o fútbol e falan galego.

Hai sexo na túa vida?

Podería haber bastante máis, pero en fin, vou tirando. Supoño que esto una media.

Colaboras con músicos zoofílicos?

Zooetílicos?

Zoofílicos.

Non.

En que andas agora?

Pouca cousa. Vou comezar a traballar en Filmanova, nun documental e uns programas, iso laboralmente e pouco máis. Despois teño o grupo Das Kapital, co que esperamos tocar este inverno, e rematar Non Saímos do Lixo, que nos quedan catro capítulos. E xa está o inverno.

Irás nalgunha lista nas eleccións do 20-N?

Nunca irei nunha lista.

Di algo, o que queiras.

Viva Monterroso!! Esta vai para Daniel.

martes 5 de julio de 2011

ENTREVISTA AO CAPITÁN GZ


"Eu son autodefinido"


É un paxaro?, é un avión?...é un axente electoral? Non!!! É o Capitán GZ!!! O superheroe das mil e unha solucións con rima e música incorporadas achegouse a este blog para saír do verso e contarnos algo en prosa, ou llea!!

Como se pronuncia o teu nome: Guezeta, gazeta, ghezeta, ghazeta, xezeta, ghaseta, gueseta, xeseta...?

Cada un que o pronuncie como queira, eu respondo a todos.

Tes Facebook?

Pois non.

Resulta que mirando na rede vin que hai un Capitán Guezeta ou Ghezeta, non sei, con Facebook, que aparece vestido de pallaso na foto de perfil e con cara de pasalo mal. Esa é a foto que mandaches para o casting de superheroes?

Non, viñéronme buscar á taberna. Esta alí como sempre, tomando a miña cervexa e o meu pitillo e apareceron por alí para ofrecerme o papek na serie "Non saímos do lixo". E non dixen que non.

Estás contra da matanza das focas no Canadá?

Si, estou en contra.

Pregúntocho porque este outro Capitán GZ está en contra e ademais di que o seu pasatempo é a innovación.

Eu moito non innovo, na barra do bar pouco se pode innovar.

Ti es superheroe por accidente ou es un político do PP frustrado?

Político do PP non son...

E frustrado?

Frustrado tampouco.

Podes voar ou polo menos, podes levantarde da barra do bar?

Levántome da barra do bar só cando é necesario.

Onde naciches? Por que se a resposta é que foi noutro planeta, direiche que son aficionado á ciencia ficción e busco unha exclusiva para saír do paro.

Nacín neste, pero tal como vai o planeta logo se parecerá a outro como Marte, Venus...

Míraste no espello antes de saír á rúa?

Non, non teño espellos. Tampouco teño o poder do reflexo.

Es un vampiro!!!

Non, ando moito pola noite, son máis ben crápula.

As luvas de goma dánche alerxia?

Non, pero apretan un pouco.

Cando soubeches dun furacán ameazando Galicia, a solución que se che ocorreu foi "xirarei como a roda do muiño". Cal é a túa solución para os incendios forestais: "que con lume ou sen lume ti tamén podes arder"?

A solución é que en vez de arder os montes arderan outras cousas, como o Parlamento.

Se a Supermán lle dá un parrús coa kriptonita, a ti con que cho dá: coa Estrella Galicia ou que che merquen un traxe de Zara?

Creo que máis o de Zara.

Que talla levas de calzóns?

Eses calzóns atopeinos non sei se foi en Xinzo, pero foi nunha festa. E dixen: pois quedan ben por detrás.

Eu podo entender que no bar estea sempre o mesmo camareiro. Pero por que son sempre os mesmos os que te avisan cando pasa calquera cousa?

Porque son os máis listos.

Dime a verdade, son os teus fillos.

Pode ser, pode ser.

Á parte do bar, tes casa?

Non, o bar é o meu primeiro fogar e será o último.

Por que rexeitaches a Spiderman como axudante-acompañante nas túas aventuras?

Parecíame moi pijo, non tiña chispa como RetranKa.

Dígocho porque o home debe saber facer unhas boas mantas, ou amacas para o verán.

Pero mellor só que mal acompañado e a min non me daba confianza.

Que estudos fai falta ter para ser axudante teu?

Con que saibas abrir as cervexas co isqueiro, xa chega.

Irías de mani con Adrián Brandán, ou paréceche un nome moi feo?

Coincidimos moito nos bares, sempre son os mesmos.

Fumas porros?

Fumo de todo.

Nas túas aventuras sempre te vemos fumando dentro do bar. Fumas tamén na intimidade?

Tamén.

En galego ou catalán?

Nos dous, depende de onde estea.

Quererías de parella a Maruja dos "Ghalleghos"?

A Maruja sempre.

Ti por quen votas, polos de siempre?

Polos de siempre, non, eu non saio do bar, nin para votar.

Pero botas de menos a Fraga?

Os dinosaurios non son o meu forte.

Salvarías a Feijoo dun ataque preventivo de AlQaeda?

Non.

Na primeira actuación que te vin, con Galegoz, mentes eles cantaban e bailaban ti estabas nunha esquina bebendo e fumando. Considéraste un exemplo a seguir pola mocidade galega ou eras moi malo en ximnasia?

Moi malo en ximnasia, de feito eu suspendía esa cadeira. E a capa tampouco axuda moita.

Tes feito réxime algunha vez ou consideras que a beleza está na personalidade?

A beleza está na personalidade sempre.

Galicia é un sitio distinto ou vela cada día máis linda?

Cada día máis linda e mellor e mellor e mellor.

Cal é o teu pasatempo favorito? E non vale estar no bar.

Eu son autodefinido.

Cantos anos tes?


Non cho podo dicir. Os superheroes non temos idade.

Se ti foses o trasunto de Superman, que calvo galego sería Lex Luthor?

Gayoso.

Agora que gañou Conde Roa, cal é a túa solución, Capitán GZ?

Legalizar as drogas.

Levas calcetíns?

Si. Medias.

Presentaraste ás eleccións á Xunta de Galicia ou ti es funcionario?

Non son funcioanrio pero case, estou todo o día na barra do bar.

Considéraste un superheroe alternativo ou indie?

Indio.

Onde tes o teu refuxio secreto, no Polo Norte ou no Avante?

No Avante.

Di algo, o que ti queiras.

Que sigades as miñas aventuras e desventuras en KomunikandoTV, estamos a gravar o seguinte capítulo, e que vos siga gustando.




lunes 23 de mayo de 2011

ENTREVISTA A MARÍA DO CEBREIRO


"Tiven un grupo que non era punk"


Esta entrevista realizouse o 22 de maio de 2011.

-Fuches votar?

Aínda non, tócame dentro dun cacho. Cando acabe vou.

-Vas votar en conciencia?

Penso que poucas veces foi tan difícil votar. Creo que vou votar a quen menos penso eu que traizoou as ideas da esquerda e as súas tácticas. Vou tentar facer iso.

-Pasando a cousas serias, levas zapatos hoxe?

Si e levo un pouco de tacón.

-Entón podo fiarme de ti.

Non sei se niso reside a fiabilidade das persoas, pero eu miro bastante para os zapatos da xente.

-Como dis nun verso que non confías nas persoas que levan os zapatos desatados.

Ah, xa non acordaba, en Pérfida Erín, non? Pero ao mesmo tempo, por desgraza, a xente na que desconfías tamén é a xente que che parece moi interesante, moitas veces. Así que, se levan os zapatos desatados, haberá que ver que fan con iso.

-Chámaste María do Cebreiro.

Si.

-Tes recibido propostas para ser muller anuncio do Xacobeo ou do Camiño de Santiago?

Non, afortunadamente ningunha. Ademais, moita xente pensa que é un pseudónimo, que é unha cousa que me estraña, porque nunca me poría un pseudónimo así, entón supoño que non o toman moi en serio. Así que, polo de agora, non, ningunha. Rexeitaríaa.

-E no concello de Pedrafita do Cebreiro x ates praza, rúa, ruela, algo?

Non ho! De feito teño que volver por aló, que cando era pequena ía moito. Porque a casa da miña nai está en Becerreá e aínda faciamos algunha excursión. Pero teño que volver por alí que hai anos que non vou. Ao contrario, vanme declarar persoa non grata.

-Por que?

Porque non vou nada, a pesar de ter nome, non vou nada por aló.

-Ademais de todo isto, tamén es doutora en literatura, segundo consta no teu CV. Cantas veces che preguntaron para que serve iso?

Pois a última vez preguntoumo unha alumna. Precisamente noutra entrevista que creo que ía saír nunha revista. Paréceme unha pregunta moi difícil de darlle unha boa resposta. Supoño que hai que responder a esa pregunta desde outras cordinadas. Un pouco á galega, á persoa que me preguntara iso, diríalle que me fixese outra pregunta. Ou lle faría outra pregunta. Non creo que nos leve moi lonxe.

-Das aulas sobre literatura.

Si, e máis concretamente sobre teoría da literatura, imagínate.

-E iso por que? Porque non podes vivir do conto?

Gustaríame vivir do conto? A todo o mundo lle gusta pensar que si, que sería máis fácil vivir do conto. Pero eu o certo é que son unha persoa bastante traballadora, creo que me gusta moito traballar. Non o digo como autoeloxio, dígoo como unha condición que teño, que me apaixona traballar, non sei que faría sen traballar. Isto vai quedar atroz, pero é así.

-Sobre todo neste país.

Si, desde logo.

-A túa faceta máis coñecida é a de poetisa. Hai un tempo unha revista de humor ironizaba sobre a poesía en Galicia, cun titular que era, máis ou menos, así: a UE multará a Galicia por exceder a cota de poetas por habitante. Pensas que hoxe en día calquera escribe poesía?

Si, é a frase esa que repite moito Outeiriño e que eu estou dacordo con ela, tamén lla teño oído a Daniel Salgado e a algunha xente máis, que non hai poetas, que hai poemas. O que nos importa son os poemas. Así que nese sentido non debería haber problema, porque penso que os poemas non lle fan mal a ninguén. Probablemente os poetas si, os poetas somos bastante pesados.

-Escribiches tamén un libro titulado O estadio no espello. Era a túa maneira de dicir que non che gusta o fútbol?

A ver, si, o certo é que non me gusta moito o fútbol. A verdade é que non pensaba moito no fútbol, pero agora penso un pouco máis, porque ao meu mozo lle gusta o fútbol, aos amigos do meu mozo tamén lles gusta o fútbol, mesmo a algunha amiga tamén. Entón teño que pensar máis no fútbol, pero creo que pasei trinta anos da miña vida sen pensar no fútbol.

-Que sorte. Dáche pena que o Dépor baixe a segunda?

Non.

-Un dos entrevistados para o blog, cando foi preguntado polo sinificado dun verso dentro dun poema da súa autoría, respondeu que lle buscase eu mesmo o significado. A cantos críticos asesinarías polas súas interpretacións de poemas teus?

Pois, debín ter bastante sorte, porque nunca me sentín moi irritada coa interpretación de poemas. Penso que me resultan máis irritantes as etiquetas, por exemplo esa de postmoderna, que escoitei algunha vez, ou poeta dos noventa, ou a poesía de mulleres dos noventa. Todo o que xeran esas etiquetas é bastante irritante. Entón iso irritoume máis, quizais o que botei máis en falta, foi unha lectura máis corpo a corpo cos poemas, pero penso que iso é xeral, que non me pasa só a min, senón que non se adoita facer unha crítica máis respetuosa tamén co sentido ou cos programas que teñen os libros de poemas, novelas ou o que sexa, senón que se fai unha crítica máis tendenciosa en xeral.

-Entón, tamén calquera fai crítica neste país?

Imaxino que se podería dicir así. Ao final o problema tampouco é dos críticos. O problema é que os críticos están inseridos en estruturas e mecanismos con automatismos. Ao final a crítica é o que todos queiramos que sexa a crítica, pero igual habería que reclamar iso, unha crítica máis atenta ao sentido do que un fai porque, aínda que esas críticas sexan malas, son boas polo simple feito de atender a esa proposta. Iso é o que, creo, poucas veces se fai. Penso que paradoxalmente, ha crítica hai pouca escoita. Como na vida, seguramente.

-Conta algunha desas críticas que che chamase moito a atención.

Parecerá a típica resposta para quedar ben, pero é certo. Intento non ter moi presente o que se ecribe sobre o que eu fago. Penso que é san manter unha certa, non desconfianza, senón mesmo unha distancia ou unha certa indiferenza, toda a que un poida. Son humana e pódenche amolar cousas, pero tamén como che pode amolar que un amigo che diga algo que non che guste. Desde logo debería amolarche menos ca iso, porque non son os teus amigos os críticos, fan o seu traballo. Creo que non lle hai que dar moita importancia.

-Seguindo con significados de versos, hai un que me chamou moito a atención. Que significa traballar para o leite?

“Traballan para o leite”, está nos Hemisferios. Non che importan os silencios?

-Forman parte ineludible deste blog.

Si, iso tamén me gustaba cando o miraba (silencio) Penso que os poemas poden crear como materiais de traballo, dalgunha maneira. Creo que nos poemas se dá un tipo de traballo lento, un tipo de traballo de longa duración. Un deposita ferramentas ou materiais que teñen a ver co sentir e co pensar, coas dúas cousas. Penso que nun bo poema ten que haber dúas cousas, sensación e intelixencia. Hai quen di que os bos poemas son intelixentes. Estou bastante dacordo con iso. Para min, tal e como eu o tendo, non son traballos inmediatos, son como pechar con chave unha ferramenta que outro pode desvelar ou descubrir e que está metida no poema. Iso é o que, quizais, quería dicir eu nese verso.

-Consultando a Biblioteca Virtual Galega, da Universidade da Coruña, aparece o poema teu Pérfida Erín, e debaixo do poema lese “non temos ningún comentario”.

Hahahah, iso pode ser bo.

-Ti cres que sería necesario a creación de xogos 3D como Angry Birds para que lesen poesía na rede?

(silencio)

A min non me asusta a falta de respostas ao que un fai, porque ademais tendemos que a resposta ten que ser inmediata, e penso que quen fai poesía ten que estar preparado para que a resposta chegue dunha maneira inesperada. E a min, chegáronme as suficientes respostas inesperadas, que se poderán contar cos dedos dunha man, pero a min me importaron. Entón o demáis, pois é literatura. Eu non lle pido á poesía público, non sei se a poesía ten que ter público. Sei que o cinema o ten, pero a poesía non estou segura que sexa público o que ten que ter.

-Tamén fuches coordinadora do libro A poesía é a grande milagre do mundo, que despois se editou en inglés para promocionar os novos valores da poesía galega.

En realidade era un encargo do Pen Clube de Galicia, e o que facía era antologar os poetas galegos do Pen Clube, co gallo do que fora a celebración do Día Mundial da Poesía no ano 2000. Foi un pouco un traballo por encargo nese sentido.

-Era unha maneira de enviar fóra o excedente poético galego?

Hahahaha. Pois non sei se podería ver así, non era tan perversa eu cando o fixen. Era moi noviña cando fixen eu iso.

-Hai un blog que se chama islakokotero.blogsome.com, coñécelo?

Creo que si, que sei de quen me falas. Traducen poemas ao castelán, están Ferrín, Outeiriño…

-Resulta que este blog criticaba a lista de autores e autoras de poesía ofrecida por El Cultural (rise). Recomendaba de maneira alternativa outra lista na que está a túa antoloxía persoal, Objetos perdidos, non cres que estas cousas te poden posicionar ideoloxicamente?

O que?

-O feito de critiquen unha lista que sae en El Cultural?

O que é desexable é que nos deixen ter o noso propio posicionamento. Que as nosas palabras falen a favor do noso propio posicionamento, e imaxino que logo a xente saca as súas propias conclusións sobre as miñas propias palabras. Pero das miñas propias palabras, sexan de poemas, sexan agora aquí ou na forma que sexan, ten que deducirse o meu posicionamento e iso a min non me molesta, paréceme ben, paréceme lóxico.

-Na inauguración da Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura, o director xeral do Libro, Arquivos e Bibliotecas, dixo que a literatura galega está á cabeza das letras mundiais. Que pensas ti que se lle subiu á cabeza ese día a este home?

O máis inquietante do asunto é que pensa o mesmo que Gamoneda, entón a quen lle habería que preguntar é a quen lle fixo o discurso. Quero dicir que ao final, hai algo que se nos esquece fácilmente: que é que as palabras son como as críticas a Lars von Trier. As palabras teñen o seu contexto, entón as palabras non son nada sen o contexto. Se perdemos a capacidade de entender que algo é dito sempre nun marco comunicativo e que sen ese marco, ou non significa nada ou pode significar calquera cousa, entón penso que non entendemos nada. Entón sempre hai que pensar que as palabras están radicadas, situadas e posicionadas en corpos. Entón, dependendo de quen veñan as palabras, haberá que confiar nelas ou non e dependendo do marco que as ampara.

-Hai pouco un colega subiu ao seu Facebook unha foto cun verso teu: “Fai algo coa túa rabia”.

Pódesme dicir quen foi?

-Penso que se desvelará el mesmo.

Penso que podo imaxinar quen foi.

-Confésate. Ti querías montar un grupo punk.

Eu tiven un grupo que non era punk, era pop xuvenil, que se chamaba Tatequieto, que xunto co meu irmán Xacobe Antelo, que agora anda así pola vida, por aí e outro rapaz moi simpático, guitarrista, tiñamos un grupo. Tiñamos un tema que era un pouco profético, que se chamaba Xornada laboral, que comezaba: son as oito, estou levantada e non me apetece facer nada de nada. Toda esa paixón que che dixen que lle tiña ao traballo, pero que cando era cativa pois xa faciamos letras neste grupo sobre a escrabitude do traballo. Non deixa de ser unha anécdota chusca, pero a música sempre me tirou moito. E si que creo que como todas as persoas teño o meu recanto punk, aínda que non o pareza.

-Cando foi que che entraron coa frase: es estudante ou funcionaria?

Ese poema, é certo, fíxeno pensando nunha amiga miña. Un día pola mañá tomei algo con ela e me estivo contado toda a súa noite. Santiago é unha cidade na que as noites son moi interesantes. Eu perdín moitas, son unha persoa pouco nocturna. Pero creo que, como si me gusta escoitar aos amigos, polo menos vivo vicariamente as súas noites. E ese libro dos Hemisferios, ten bastante de biográfico nun punto, pero nese poema o que fago é traducir unha noite moi intensa que me contaron, ata o punto que sacou de min moitas cousas e sacou ese poema esa noite.

-Considéraste militante da túa lingua materna?

Eu creo que a noción de lingua materna está sobrevalorada. Iso é o primeiro que tería que dicir sobre iso, porque o relevante é a lingua que un escolle. Diría máis, as lenguas que un escolle. A min chámame moito a atención unha cousa. No Día das Letras Galegas dedicado a Lois Pereiro, todo o mundo entresacaba unha frase del na que dicía: “amo ardorosamente a miña lingua, realmente creo que esta é a lingua na que teño que escribir”, estouna parafraseando. Pero ninguén destacou que a Conversa ultramarina é bilíngüe, en galego e castelán. A min moléstanme cousas como esa. Non sei se contesto exactamente á túa pregunta, pero penso que dalgún xeito si. Penso que necesitamos máis honestidade para entender a realidade e para cambiala. Iso é o que penso.

-Estás indignada co teu partido?

Estou indignada coa miña clase.

-Por último dime algo, o que queiras.

Foi unha conversa moi agradable.

-Moitas grazas.

De nada.

lunes 11 de abril de 2011

ENTREVISTA A RAMIRO LEDO CORDEIRO (AFICIONADO)


"Non estou traumatizado"


Esta entrevista levaba unha semana e media no forno. O caso é que xa me tiñan avisado, por pasiva e por activa dos silencios do entrevistado. Era un risco que había que correr, unha outra maneira de ver a un personaxe como este.

A entrevista realizouse con esta banda sonora: Miedo, de Los Enemigos, Do the shake de Renegades e Skokiaan de Kermit Ruffins. Acompañaba de fondo, a Irredenta Orquesta Local da Pocha de Oblatas.

A próxima podes ser ti.


A primeira pregunta e....

Non me ensines as preguntas que chas estou vendo.

Ah, vale. A primeira pregunta é esta. Creo que ti es culé, nonsi?

EEEEEE....si, creo que si. Por que era meu pai do Barça, senón, non había outra alternativa.

Ser do Barça dáche máis resaca que ir ao Maycar?

Non. E ultimamente o Maycar tampouco ma dá.

Cando foi a última vez que estiveches nese sitio?

Onte.

E sábeo alguén?

Si.

Importante?

Home, importante...hai testemuñas. O que pasa é que non sei se se lembrarán.

Ti irías ao Camp Nou para gravar ao teu equipo?

Eeee...non.

Nin por interese, se cho pedisen?

Iría ver o partido, pero gravar non me apetece.

Entón non che gustaría que algún día, un bolseiro de xornalismo fixese un Cineclube Ramiro Ledo Cordeiro coas imaxes que sacases do Camp Nou?

Non por favor.

Logo de rematar o teu traballo de CCCV, iniciaches a súa distribución mediante o procedemento da manta no chan. Era a túa reivindicación "por un cinema pobre" ou perderas as chaves do piso ese día?

Non, era...era...a única maneira de poder sacar diñeiro da película.

Devolviches a manta?

Quedou no piso no que vivía daquela, porque era dese piso.

Cando me dixeron que tiñas unha entrada na Wikipedia, non puiden evitalo, e fun a el. Logo, cando puxen o teu nome, tiven esta resposta: Quizá quería decir Ramiro Leño. Volviches facer o truco do vaso por detrás da cabeza ou segues traumatizado porque Josele non che fixese caso?

Non entendo a relación. Non entendo a pregunta. Non entendo, entre Leño e Josele si.

Repítoche a pregunta. Volviches facer o truco do vaso por detrás da cabeza ou segues traumatizado porque Josele non che fixese caso?

Non estou traumatizado. Non estaba en estado como para traumatizarme daquela. Quero dicir que no estado no que estaba, era difícil traumatizarse.

Ti ten en conta que podía haber algúen gravando aquel momento.

Non ho!! A quen se lle ocorre estar nun bar gravando?

Pero calquera día pode aparecer algo en Youtube. Denunciarías a quen subise as imaxes?

Non ho! Non hai video posible e non denunciaría a ninguén. En tal caso, a min mesmo.

Seguindo co enlace da Wikipedia en galego, di que vives actualmente en Barcelona. Cantos quilos de chourizos de Castroverde e de queixo da tenda de Azibechería, tes comido desde que vives alí?

Non sei, tampouco tanto.

E algún consello para quen che queira levar queixo ou chourizos en avión?

Vale.

Dentro do teu cv está tamén a realización de videos para grupos galegos. Consideras que o audio visual en Galicia se menea el bullarengue?

Todo o que fixen é moi cutre.

Todo o que fixeches é moi cutre?

Si.

Pero eu pregúntoche se o audiovisual galego se menea el bullarengue.

(pausa reflexiva) Dáme igual.

Participas tamén en Blogs&Docs como autor de artigos e entrevistas. Lembro unha en inglés moi querida por ti a Harum Farocki. Sabes falar catalán polo menos na intimidade?

Na intimidade precisamente non.

Cumpres a lei antitabaco nos hospitais de Cataluña ou botas de menos os ambulatorios do Baixo Miño?

Nunca fun a un hospital en Cataluña, que eu recorde.

En Barcelona participaches no cineclub Magdalenes que logo pechou. Por que?

Que tiraron a...como se di?...que desaloxaron o local.

Durante os primeiros tempos o CC de Compostela foi acusado de dirección estalinista. Na túa época de presidente, a quen terías mandado ao gulag?

A min probablemente.

Coñezo a persoas que acusan ao CC de Compostela de machista e misóxino. Cantos tíos coñeces que se apuntaron ao CC para pillar cacho?

Probablemente todos.

Houbo unha época tamén na que tiveches tendencia a agocharte en urinarios de locais nocturnos. Era que te perseguía a fama ou falta de sono?

Era que non me daba de conta, non era consciente.

Pensas que Galicia es una mierda e que en fin serafín?

(sileeeenciooooo de varios segundos) Eh?

Pensas que Galicia es una mierda como o disco de Ata que escampe e que En fin Serafín?

Prruffff.

Se Kaurismäki fixese unha versión de Berberecho, quererías aparecer nela bailando Surfing Bird?

Por suposto. (con que calma o di)

Actuarías de balde nese filme?

Si, ben, claro que si.

Atreveríaste a desafiar a Kaurismäki en todas as frontes?

Non, débolle o máximo respeto.

No Proceso de Artaud usaches imaxes de O proceso de Xoana de Arco, de Dreyer. Non tes medo de que a SGAE faga un filme que se chame O proceso a Ramiro Ledo?

Non creo que pase iso.

Con quen sairías antes, con Pablo Llorca ou Pedro Almodóvar?

Non creo que estea ao meu alcance saír cun deses dous.

Agora explícame a túa receita de patacas cocidas con pementón e Ducados.

Os Ducados van á parte.

Estiveches un ano en París, como estudante Erasmus. Alí viches filmes no centro Pompidou. Á parte de aprender que en francés CV é o currículo e non a tarxeta de crédito, levaches algunha outra lección vital?

Que sempre che estarei moi agradecido por terme sacado da cama para entregar os papeis o día que tiña que irme.

Chamáronche algunha vez gafapasta de tenis gastados?

Nunca tiven gafas de pasta. Ai non, agora teño as gafas de sol, que son de pasta.

Recoñecerás que en roupa non gastas moito.

Pois non.

Algún parente che cedeu o seu armario ultimamente?

Levo reciclando a roupa de meu pai, desde que son pequeno case.

Tamén colaboras nas entrevistas do CC no programa da Radio Kalimera. Preparas as entrevistas a noite anterior ou dánche ganas de tomar unha copa?

Non, só fixen unha entrevista, non estaba preparada pero estaba a gusto porque estaban Pablo e Iván.

Esta noche tiritititiri?

Non, esta noite non.

Di algo.

Nada.