miércoles, 15 de diciembre de 2010

ENTREVISTA XIANA ARIAS REGO





Poesía eres tú o por el culo te reconocen?

(Nunca un silencio falou tanto)

Home...conta ata cinco...

Un, dous, tres, catro...ah, vale... eeeeeeeee....Ademais de xornalismo e poesía, fas natación?

Non.

O teu primeiro libro titulábase ortigas, castigábante moito na escola?

Non, non moito. Unha vez chamáronme "culito de mal asiento" unha profesora que se chamaba dona "Josefa", e o profesor de terceiro de EGB que se chamaba "Chaquetas", pois botábame de clase moi amiúdo. Peor eu facía porque me botase pois se te portabas mal e eras neno dábache coa regra de plástico, se eras unha nena botábate para fóra, e xogabamos ás cartas.

Entón, non fas natación.

Non, fun unha vez a Santa Isabel e no verán fun con Xosé Carlos ao Multiusos.

Esta pregunta facíacha porque no primeiro verso do primeiro poema do teu primeiro libro, pos "socorrismo laura". A ti molábache laura ou os calambres eran de mentira?

A cousa é que a min de pequena non me gustaba nada a auga, entón aprendín a nadar á forza, porque o meu pai me colleu e me meteu nun pozo que había na casa dos meus avós e cun pneumático ata que aprendín a nadar.

O segundo libro teu titúlase acusación. Entón, cando sacaches o libro, cantas persoas che preguntaron se estabas enfadada con eles/as?

Pois cando saquei o libro ningunha, pero tempo despois a miña nai dixo que o pasara mal.

Podo preguntar por que?

Non, non podes.

A pregunta anterior de Acusación vai en relación cunha entrevista que che fixeran no Galicia Hoxe, o 4 do 11 do 2008. A entrevista titulábase mover os marcos. Es filla única?

Si.

Sendo filla única non tes problemas coas herencias, non?

Sobre todo tampouco hai tanto que herdar, só un piso que lle deron a miña nai.

Nesa mesma entrevista dicías que acusación era "o novo artefacto que estabas preparando". Alguén te chamou para volverche preguntar se estabas enfadada con el/ela?

Non. A verdade é que nunca me preguntaron iso.

Entrando na túa faceta de xornalista, ti tes coche?

Máis ou menos.

Que tería que facer un entrevistado/a para que o/a meteses no maleteiro do coche e o/a botases ao mar/a?

Ai dios, Moncho...

Seguindo co xornalismo, a quen non convidarías a tomar algo?

A Sánchez Izquierdo

Que farías por ir a Corea do Norte?

Que faría por ir? Deusssss

Antes de nada, gústache Corea do Norte?

Si claro.

E o seu líder?

Non sei.

Dentro da temática política que prefires tortilla ou sushi?

Churrasco.

Na túa faceta de membro do Cineclube de Compostela, estarías de acordo coa proxección de filmes porno?

(os silencios dan moito medo) Depende do filme.

Que tería que ter un filme para ser proxectable?

Que fora bo.

E dentro disto, hai parámetros?

Non sei se son parámetros, ou que son, pero hai películas que merece a pena poñelas no CC e hainas que non.

Consideras que fai falta máis presencia feminina no CC?

(odio os silencios) Considero que xa está ben de pensalo todo en cotas.

Cres que cambiaría pouco a cousa se houbese unha muller presidenta do CC?

Pois depende da muller. Depende da persoa, imaxina por un momento que Isabel Coixet fose presidenta do CC.

Como defines as reunións do CC?

Que tal a túa nai, neno?

Non teño.

Pois iso.

Participaches en publicacións como Pirata, Non conciliados...e todas elas sen dereitos de autor. Ti non queres ser rica?

Non.

Entón que?

Oxala que non teña ninguén que pensar nesta pregunta.

Cogomelos ou churrasco?

Churrasco.

Non che gustan os cogomelos?

Son bastante imbéciles.

E os gnomos?

Os gnomos si molan, teño un amigo que parece un gnomo.

Agora di algo.

Algo.






No hay comentarios:

Publicar un comentario