Leo de Matamá
Anos despois de ver por primeira vez a Leo Arremecaghona, de anos subido aos escenarios, descubrimos que tiña unha familia, oculta, pero familia, cun enorme talento musical soterrado. Como exemplo, Leo de Matamá, pai de Leo.
E velaquí que o Leo de Matamá nos explica como foi o da súa aparición e a relación paternofilial con Leo Arremecaghona.
En-Riquiño
Apareceu como un tripulante de Startrek, teletransportado desde o seu esquecemento, desde o seu arrumbamento nun escuro recanto en Arremecaghona Produccións. Así, sen máis, sen dar explicacións, para que? En-Riquiño pasou de estar aos pés de Leo Arremecághona, a ser unha sombra proxectada sobre o público que reclama o seu lugar no mundo (do espectáculo).
Como todo cantautor, En-Riquiño veu a este mundo (do espectáculo) a marcar tendencia. Aproveitando as oportunidades e os farrapos que lle deu a vida, En-Riquiño fixo de si mesmo un exemplo da customización materialista, do aproveitamento de recursos pre-existentes e da reivindicación dos atacos nas estradas (así unha e mil veces).
E así, desta maneira, durante a festa do Novas da Galiza, celebrada na Sala Nasa o día 25 de xuño de 2009, soubemos da existencia dos familiares ocultos de Leo, que están aquí para quedarse, se é que non lles din outra cousa.
lunes, 29 de junio de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/traje/farala/pololos/elpepuespgal/20070303elpgal_20/Tes
ResponderEliminarhttp://www.bloguzz.com/index/blogdetail/id/36299/o-leo-i-arremecaghona
ResponderEliminarmoncho, cando pensas contar a do bujías?
ResponderEliminarcontarei a historia do bujías cando a historia do bujías sexa historia
ResponderEliminarvas esperar a que o bujías morra!?
ResponderEliminarque cabrón especulando coa historia.
mellor ser un especulador coa historia que non un julay como Fukuyama
ResponderEliminar