sábado, 24 de abril de 2010

Entrevisat a Pati Janeiro

Alindando beatas con perspectiva





Cales son as perspectivas que tes claras a día de hoxe?

Pois na miña vida ningunha, porque agora mesmo estouche nunha situación un tanto fodida. Non teño nada claro. Teño múltiples opcións pero non teño nada claro. E para o país cada vez as vexo máis escuras tamén.

Algunha vez che esmagaron algo?

Algo físico non, o “corazoncito” si, moitas veces.

Que máis?

Ostias! Non che chega co do corazón? A ver, algo propio, unha vez que vivía cunha muller que me tirou o radio casete á cabeza, non me deu pero a radio foi ao carallo.

Cantos regalos dixitais tes rexeitado?

Non entendo. Ah! Non, eu acepto todos os regalos.

Todos?

Todos.

Pero segues pensando en analóxico para algunhas cousas?

Si, eu son totalmente analóxica.

Cando escrebes tamén?

Depende, a medias. Escribir fágoo co ordenador, pero de mente son bastante analóxica.

Escolle: Gloria Lago ou unha grea de beatas sicilianas?

Gloria Lago, porque ao final coas beatas sicilianas me levei estupendamente.

Que pasou con elas?

Pois que tiven que traballar como guía turística para unha grea de beatas sicilianas e os seus maridos. Fíxenlles unha visita por Compostela e logo por Coruña. A de Compostela foi un desastre, porque escapaban, pasaban de min, chegamos á catedral no sepulcro puxéronse a rezar o rosario cantando no seu dialecto siciliano ou o que fose, e eu alí esperando por elas. As beatas alí coma un rabaño, pero eu sen poder alindalas nin para un lado nin para outro. Cando acabou ese día púxenme moi firme e díxenlles que se querían ir de visita guiada comigo a Coruña que tiñan que falar cando eu lles deixara, que a visita a facía eu, que nos organizabamos como eu dicía e para a miña sorpresa, portáronse moi ben. Déronme propina.

Unha cousa, sábeste vender ben?

Ligar non ligo nada.

Non, non me refiro a iso.

Tamén é importante.

Quero dicir se te sabes vender.

Penso que non.

E o libro que vén?

Agora verás como de mal me sei vender. O próximo libro hai tempo que non escribo nada. Tiña un proxecto sobre un parente meu, sobre un tío avó do meu pai. Era un anarcosindicalista moi coñecido en Compostela, a comezos do século XX. Investiguei, porque na miña familia dicían que era un bebedor e pouco máis. Matárono no 37, paseárono dicindo que pouco máis que de casualidade, e resulta que o home tiña unha historia de loita sindical tremenda. Estivo na Patagonia nas folgas, foi dos que estivo con Alonso Ríos proclamando a república galega do 31 no Obradoiro. E todo iso está perdido, borrouse, estiven investigando sobre a súa historia, pero teño moitos datos e non sei como os vou fiar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario