"Os mellores non varían constantemente"
O que ía ser un traballo monotemático converteuse nunha entrevista a dúas bandas. Aquí estás dúas das persoas que máis coñecen o comportamento do xénero humano (en concreto algúns especimens coñecidos deste blogger) en plena euforia de fin de semana e festas de "guardar".
Isa e Emma, Emma e Isa, contestaron a este cuestionario en plena tarefa laboral (atender aos parroquianos a golpe de martes pola noite)
Canto tempo leva aberto o Malas Pécoras?
Isa- Pois penso que, once ou doce anos.
Emma-Once, once.
Esta non era a verdadeira pregunta coa que quería comezar esta entrevista. A pregunta era esta: por que abriches o Malas Pécoras? Queres moito ao xénero humano?
Ah, non, foi todo culpa de Emma
Ai si?
Si, todo.
Por que?
Por que a idea foi dela, eu aquí son mera colaboradora. ahahahahahaha
E non che preguntaron logo, "qué hace una chica como tú de la Estrada, en un sitio como este"?
Si, iso despois. Esa é unha pregunta habitual.
O primeiro día que abristes e que vistes entrar ao primeiro cliente, pensastees "diosmío, o que me espera"?
Noooonnn!!! hihihi, porque eran todos coñecidos, papás, nais, irmáns, primos....porque abrimos un domingo e convidamos a todos os coñecidos, os máis íntimos hahahahahaha
Quen deseñou o rótulo da entrada?
Isa- Un rapaz de Vigo. Como se chamaba o rapaz de Vigo que deseñou o rótulo?
Emma- Abel.
Isa- Era un aerógrafo que veu un día ver o local e contámoslle o que tiñamos pensado facer aquí. E foi ao que se lle ocorreu esa idea.
E a persoa que se deixou retratar para o rótulo existe?
Isa- El inspirouse en Marlene Dietrich, en teoría.
Emma- Vira unha foto de Marlene Dietrich nunha revista e levouna para facelo.
Isa- Era unha foto, pero tal cal a reproduciu.
Por que lle chamastes Malas Pécoras, fostes "chicas malas" ou queriades espantar a alguén?
Isa- Non, iso foi unha confusión.
Mimá.
Isa- Si, unha confusión. Foi en Madrid, que estabamos dando un paseo, e había un local con luces de neón, pero había algunha que estaba fundida. Pero isto anos antes de pensar, imaxinar que iamos montar un bar. E o primeiro que limos foi "pécora", que logo ao final era "pecera".
Emma-Si, así vimos nese garito.
Isa- E logo, anos despois non sei porque nos lembramos do nome. E o de "malas" por personalizalo.
Emma-É certo, pensamos "se algún día montamos un garito, chamarémoslle Malas Pécoras".
Atopei varios enlaces na rede sobre o Malas Pécoras, en concreto en Facebook hai un no que comparto gusto polo local cun amigo. A maioría dos comentarios sobre o Malas inciden na simpatía e amabilidade das camareiras. Pensades que a xente non se deu de conta que Santi ten barba debaixo das rastas?
Isa- É que disimula moi ben.
Emma- Si, disimula moi ben.
Isa- É o mago do disimule.
Emma- Mentres non faga unha cola.
Outro dos comentarios que atopei, foi: mil detallitos con los que perder el tiempo. Un deses detallitos eran as pin ups que tedes recortadas nas mesas. Roubásteslles revistas aos vosos irmáns para recortalas?
Isa- De quen era esa revista?
Emma- Dun almanaque, corteinas dun almanaque especial de pin ups.
Isa- Creo que non era dunha revista.
Emma- Non, era dun almanaque.
E as pezas que lle faltan ao barco de Playmobil, onde van?
Emma- O meu irmán, xogando.
Isa- Hai un rapaz que se ofreceu amablemente para restauralo.
Emma- Que conste que dentro aínda ten cousas, o cofe co tesouro e máis cousas.
Isa- Pero o rapaz este, ofreceuse un día a altas horas, entón dicíalle eu: vente a primeira hora e falamos, pero a esa hora nunca chegou a vir.
Hai tempo que a música soa baixa. Botabades de menos as parvadas que di a xente cando está bébeda?
Isa- Traballando non te enteras.
Emma.- Non, non te enteras.
Isa- Non te enteras do que di ou non di a xente, pero en fin, algunha cousa sempre hai, depende da hora.
Emma- Hai que subir a música.
Tamén tedes música en directo. Que días da semana?
Xoves.
Parécevos un bo día para música en directo?
Isa- Si.
Emma- Si.
Isa- Home temos a Ricardo os luns.
Os luns? E parécevos un bo día para poñer música en directo?
Isa-Si, claro
Emma- É o mellor día.
Xa non se pode fumar nos locais. Vedes que a xente beba máis, ou está a xente máis nerviosa?
Emma- É un pesadelo para un fumador.
Isa- Eu vino os primeiros días, que a xente estaba así como pendente: que fago para fumar, necesito fumar, saio fóra, cambio de sitio. Pero logo, todos se foron afacendo, non noto cambios especiais na xente que vén por aquí.
Emma- Máis resfriados, hainos que están sempre fatal.
Os taboleiros de xadrez son para desestresar á xente?
Isa- Si, hahahah
Emma- Senón, imaxina que farían.
Isa- Os mellores están aquí.
Entón por que vexo sempre as mesmas caras?
Isa-Porque os mellores non varían constantemente.
Emma- Teñen unha liga.
Isa- É difícil chegar aí.
Que faces con todos os cartazes que vos pegan na porta e na máquina de tabaco?
Isa- Van para a papeleira, algún pídencho de recordo, dalgún concerto ou cousa así, pero a maioría vai para o papel.
Hai algún ao que lle teñades cariño?
Emma- Algún gardei. Dun concerto ao mellor.
Isa- Si, algún especial.
Emma- Da festa hortera, dos primeiros.
Isa- Tiñan carteis chulos. Teño algún aquí no bar, creo.
Emma- De King Putreak penso que teño algún gravado.
Existe algún grupo de persoas que saian do común dentro da vosa clientela?
Emma- Ui
Isa- Todos son especiais.
Emma- Si, si, todos.
Non hai grupito especial por aí?
Emma- Hhahahahah, hai un moi especial si, moi especial.
Por que?
Emma- Por todos eles.
Isa- Polo variopintos, variados..
Emma- É que iso pode ser, colle moita xente.
Isa- Polo diferentes que son cada un e o ben que se levan.
Vanme matar.
Isa- Normal.
Por último dicide algo, o que queirades.
Isa- Pasácheste.
Emma- Acabas de pasarte.