martes, 18 de enero de 2011

ENTREVISTA A DIEGO AMEIXEIRAS






-Rícheste moito mentres escribías Asasinato no Consello Nacional?

Non demasiado. Rin bastante máis vendo esa gran película chamada “Supersalidos”.

-Somos a nación de nacionciñas ou somos a NACIONCIÑA?

Agora mesmo non teño o estatuto a man. Espera que miro.

-Hai que ter moita imaxinación para poñer a Xelmírez como líder da UPG. Non quedaba mellor no cabildo catedralicio e en pedra? (colle a pregunta como che pete)

Diego Xelmírez ten unha biografía moi interesante, pero en comparación con Dieguito El Malo non ten nada que facer. Hai tempo lin en El País que antes de atracar un supermercado a punta de pistola estivera “tomando tres cañas en un bar próximo y haciendo bromas sobre las mujeres”.

-O protagonista, Cudeiro estivo nos EUA, onde coñeceu nos noventa á raíña do indie, Kim Gordon. Non obstante, debo lembrar que por aqueles tempos Christina Rosenvinge andaba por alí tamén, e ben perto do grupo de Gordon. Como é que se che escapou ese detalle? Non querías traumatizar a Cudeiro ou non te querías traumatizar ti?

A falta de Mia Zapata, á que admiraba moito, Cudeiro tivo que conformarse con Kim Gordon, que tampouco está nada mal. Seguirei o teu consello e intentarei relacionalo con Christina Rosenvinge en futuras entregas.

-Deixando as cousas serias e entrando en materia: vives do conto?

Un respeto, entrevistador.

-Un dos teus traballos é o de dialoguista. En Matalobos a cantos lobos lle tiveches que poñer o pelello de ovella?

Carmelo Matalobos é unha gran referente para a delincuencia galega. Téñolle moito respeto. Sen camisa marca máis abdominais que Cristiano Ronaldo.

-Escribirías un guión de serie negra co padre Casares como asasino en serie nunha matanza garrula?

Mellor un biopic de Marcial Maciel. Éxito asegurado.

-Sen saír do tema clerical: non che pareceu litúrxica a inauguración da biblioteca da Cidade da Cultura?

Normal. O raro sería que montasen unha festa de camisetas molladas.


-Mirando na rede na procura de información, atopei un enlace que dicía: “La filmografia de Diego Ameixeiras en DeCine21, su trayectoria profesional, biografia y detalles sobre las peliculas de Diego Ameixeiras”. Logo, mirando ben, era a túa participación no guión do filme “18 Comidas”. Á parte de que o título dá para pensar, en que pensabas cando escribías o guión?

Agora mesmo non o recordo. Estaba con Jorge Coira e Araceli Gonda tomando café, exprimíndonos o cerebro coa criatura. En canto á túa alusión ao título, sei onde queres chegar. Podendo, estarás de acordo comigo en que sería unha excelente media semanal.

-Naciches en Laussane, Suíza, logo es extracomunitario, sendo así por que te fixeches escritor e non futbolista?

Intentei ser xogador de fútbol cando tiña nove anos, pero con resultados nefastos. O meu referente era aquel escocés mítico chamado Steve Archibald.

-Cando recolliches o premio Xerais, citaches a Álvarez Rabo coa frase: "Prefiro a palabra dunha muller ao discurso dun home. Non sabedes o que me gustaría ter nacido muller e, por suposto, ser lesbiana". Con esta frase, recibiches máis ameazas que co libro de Asasinato…?

Nada importante. As normais nestes casos.

-A min vasme facer dous favores: a) define o postfracaso e b) o postfracaso é un postureo?

Os postfracasados honestos saben que ese desgoberno interior non é un postureo. Hai que sentilo, como a Terremoto de Jerez por bulerías.

-Imaxínaste a Baltar gobernando Oregón?

Baltar goberna Ourense. En Oregón, polo contrario, gran parte da veciñanza ten como referente político a “Los Solidarios”.

-A quen lle habería que botar Mao? (colle a pregunta como che pete)

Ao Mao Chester United.

-Xa por último, dime algo…sucio…

Mellor non, que este blog visítano moitos nenos.

jueves, 23 de diciembre de 2010

ENTREVISTA A CRIS G. PARGA

FALABRA DE CRIS


"Eu non sei contar chistes"
Cris G. Parga

Que fan Heidegger, Savater e Sánchez Dragó nunha illa deserta?
De que falarían?

Que farían?
(odio a moda esta de merda dos silencios, vou cobrar por eles) Falar de máis.

Falar de máis? E logo non se animarían a un "trenecito"?
Supoño que Dragó si, pero Savater non sei se o permitiría. Se tal habería unha persecución.

Pero se houbese un trenecido, quen sería o do medio?
hehehehehehehe...ningún, iso é como o chiste, non poden ir dous e caer o do medio. HIHIHI, non poden ir dous nun tren e caer o do medio.

En Non conciliados publicaches un artigo Re(x)istencia, con X. Ti es pasiva ou es activa?
Polo da resistencia? Pois as dúas cousas, non hai que escoller.

Eu dicía pola X, pero en fin.
hhihihihin non pois as dúas cousas hihihi

O 14 de abril de 2010 participaches nun congreso sobre filosofía e cinema, na Universidade de Salamanca.
Rebuscaches moito...

A ponencia titulábase Víctor Erice El sol del membrillo.
Si

Pensas que hai moita palla mental no cinema?
Si, si, pero hai moita palla mental no cinema, na literatura, no xornalismo...

Grazas. E na filosofía?
Na filosofía sobre todo.

E no cinema filosófico?
Non falaría de cinema filosófico, falaría de ensaio cinematográfico. A que lle chamas ti filosofía para falar de cinema filosófico? Aínda non teño claro o que é a filosofía, non hai unha definición única de filosofía como para entender o que é cinema filosófico. Calquera filme pode ser cinema filosófico. En calquera filme podes atopar unha parte filosófica.

Revolución, morte ou pementos do couto?
(risas e máis rísas e un silencioooo...)Home, a morte é necesario, non é para escoller, morrer imos morrer todos, e como a revolución se pode escoller pois a revolución. Os pementos do couto son contixentes, a revolución é necesaria. Os pementos poden existir ou non existir. A revolución é precisa, hai que buscala.

Pobres pementos.
Os pementos son xenéticos, están aí.

Como comezaría unha ponencia túa que se titule O Sol do Churrasco?
(SILENCIOS Y RESPUESTAS A LA GALLEGA ANTES DE LA RESPUESTA) (MÁIS SILENCIOS)Falaría sobre...o churrasco como metáfora de pensamento.

Un pensamento moi proteínico, non?
Claro, por suposto...non, sería moi material, pola carne, contundente. Hai que partir, das condicións materiais fundamentan o pensamento, precisamente falamos sobre unha ponencia sobre o churrasco, entón o churrasco...

Hai que fomentalo.
Hai que fomentalo, pero se falo do churrasco falaría como materia que condiciona o pensamento. Eu se falara do churrasco non falaría da comida en si, senón do que o churrasco propicia. Se estás comendo churrasco é que estás nunha sociedade que o pode permitir. "As condicións materias do churrasco" sería iso.

É dicir, cara o materialismo dialéctico polo churrasco nou pola dialéctica do churrasco?
Ambas as cousas.

Volvendo ao Re(x)istencia, existe a erótica do contrapoder?
Por suposto.

Por iso existen os perroflautas?
Non son nada eróticos os perroflautas.

Hai moitas chavalas que son perroflautas.
Pero eu non asocio contrapoder contra os perroflautas, nunca.

A ti ponche o contrapoder?
Si.

Nese mesmo texto citas a un autor que se chama Frederic Jameson, que di que a apatía cidadá é un dos trazos que distinguen ás sociedades democráticas que son pantallas do estado totalitario que vivimos hoxe en día. Ti como defines o estado actual, totalitario ou policial?
É que precisamente no texto falo diso. En teoría vivimos nunha democracia. Pero esas democracias o que fan é dar unha ilusiónn de liberdade. Non é totalitarismo ao seu uso tal como se entendían nos estalinistas, fascismo ou nazismo que é o que se entende vulgarmente com totalistarismo, pero o que as democracias occidentais tenden cara unha ilusión de liberdade. Aí está a policía para reprimir, hai unha liberdade para consumir pero para actuar estás restrinxido.

Cando colliches as palabras de Jameson, non tiñas medo que se riran del por ter un nome tan etílico?
Non, aínda lle dá máis valor e é un whisky moi bo.

Nese mesmo texto dise que os ideólogos do sistema teñen previstas as insurxencias. Hai moito guai bocazas ou moito quintacolumnista?
Bocazas hai moitos, pero penso que os quintacolumnistas serían personaxes moito máis respetables que os guais bocazas.

Pensas que hai moito máis guai bocazas?
Si, si.

O quintacolumnista é un contrapoder do contrapoder?
Si, pode ser unha boa definición.

Curso de especialización en Historia. Teoría de las humanidades y las ciencias sociales. Estabas como admitida e non como bolseira. Que chiste contaches para que non te collesen?
Supoño que lles podería contar o chiste fenomenolóxico por excelencia


Chiste fenomenolóxico



As cousas son o que parecen, o que nos parecen a cada un de nós.

Que fan xuntos nunha sauna Nietzsche e Stalin?
Afeitarse o bigote, ou refreghar mostachos, como queiras.

Volvendo ao cinema, fixeches algún cálculo estimado do consumo etílico dos teus colegas cinéfilos?
Non, nunca me gustaron moito as estatísticas.

Pero a que asustan?
Non, na sociedade galega na que vivo é bastante normal.

Pois imaxina que hai unha lei seca en Compostela...
Iso é algo impensable, en tal caso restrinxirían os lugares onde beber pero o outro é impensable.

E agora continúa este chiste: Van dous filósofos nunha moto...
É que iso non é un chiste ou é un chiste real que ten continuación? Non podo facer chistes, cóntoos pero xa veñen feitos.

Conta agora o chiste de verdade

Chiste de verdade

miércoles, 15 de diciembre de 2010

ENTREVISTA XIANA ARIAS REGO





Poesía eres tú o por el culo te reconocen?

(Nunca un silencio falou tanto)

Home...conta ata cinco...

Un, dous, tres, catro...ah, vale... eeeeeeeee....Ademais de xornalismo e poesía, fas natación?

Non.

O teu primeiro libro titulábase ortigas, castigábante moito na escola?

Non, non moito. Unha vez chamáronme "culito de mal asiento" unha profesora que se chamaba dona "Josefa", e o profesor de terceiro de EGB que se chamaba "Chaquetas", pois botábame de clase moi amiúdo. Peor eu facía porque me botase pois se te portabas mal e eras neno dábache coa regra de plástico, se eras unha nena botábate para fóra, e xogabamos ás cartas.

Entón, non fas natación.

Non, fun unha vez a Santa Isabel e no verán fun con Xosé Carlos ao Multiusos.

Esta pregunta facíacha porque no primeiro verso do primeiro poema do teu primeiro libro, pos "socorrismo laura". A ti molábache laura ou os calambres eran de mentira?

A cousa é que a min de pequena non me gustaba nada a auga, entón aprendín a nadar á forza, porque o meu pai me colleu e me meteu nun pozo que había na casa dos meus avós e cun pneumático ata que aprendín a nadar.

O segundo libro teu titúlase acusación. Entón, cando sacaches o libro, cantas persoas che preguntaron se estabas enfadada con eles/as?

Pois cando saquei o libro ningunha, pero tempo despois a miña nai dixo que o pasara mal.

Podo preguntar por que?

Non, non podes.

A pregunta anterior de Acusación vai en relación cunha entrevista que che fixeran no Galicia Hoxe, o 4 do 11 do 2008. A entrevista titulábase mover os marcos. Es filla única?

Si.

Sendo filla única non tes problemas coas herencias, non?

Sobre todo tampouco hai tanto que herdar, só un piso que lle deron a miña nai.

Nesa mesma entrevista dicías que acusación era "o novo artefacto que estabas preparando". Alguén te chamou para volverche preguntar se estabas enfadada con el/ela?

Non. A verdade é que nunca me preguntaron iso.

Entrando na túa faceta de xornalista, ti tes coche?

Máis ou menos.

Que tería que facer un entrevistado/a para que o/a meteses no maleteiro do coche e o/a botases ao mar/a?

Ai dios, Moncho...

Seguindo co xornalismo, a quen non convidarías a tomar algo?

A Sánchez Izquierdo

Que farías por ir a Corea do Norte?

Que faría por ir? Deusssss

Antes de nada, gústache Corea do Norte?

Si claro.

E o seu líder?

Non sei.

Dentro da temática política que prefires tortilla ou sushi?

Churrasco.

Na túa faceta de membro do Cineclube de Compostela, estarías de acordo coa proxección de filmes porno?

(os silencios dan moito medo) Depende do filme.

Que tería que ter un filme para ser proxectable?

Que fora bo.

E dentro disto, hai parámetros?

Non sei se son parámetros, ou que son, pero hai películas que merece a pena poñelas no CC e hainas que non.

Consideras que fai falta máis presencia feminina no CC?

(odio os silencios) Considero que xa está ben de pensalo todo en cotas.

Cres que cambiaría pouco a cousa se houbese unha muller presidenta do CC?

Pois depende da muller. Depende da persoa, imaxina por un momento que Isabel Coixet fose presidenta do CC.

Como defines as reunións do CC?

Que tal a túa nai, neno?

Non teño.

Pois iso.

Participaches en publicacións como Pirata, Non conciliados...e todas elas sen dereitos de autor. Ti non queres ser rica?

Non.

Entón que?

Oxala que non teña ninguén que pensar nesta pregunta.

Cogomelos ou churrasco?

Churrasco.

Non che gustan os cogomelos?

Son bastante imbéciles.

E os gnomos?

Os gnomos si molan, teño un amigo que parece un gnomo.

Agora di algo.

Algo.






jueves, 2 de septiembre de 2010

ENTREVISTA A ÓSCAR IGLESIAS






Que te deixa sen atributos?

-Os claustros de profesores, cando enfría o tempo de golpe, a valentía calma do galeguismo doméstico. De que atributos falas?

De Vieiros (RIP), pasando por El Mundo, La Voz de Galicia e agora El País. Cantas veces tiveches que dicir que non es un mercenario?

-Que si o son díxenllo unha vez a uns compañeiros de Tijuana. Que non o son debín dicilo hai anos, cando un señor me acusou de escaso compromiso empresarial. Lembra que o responsábel daquela sucursal galega de El Mundo era Manolo Rico, actual subdirector de Público. Tamén hai xornalistas de La Voz alleos á sociedade civil que enche as festas de Santiago Rei… Isto debías preguntarllo aos que poden escoller, tipo Barreiro Rivas, Manolo Lama ou Antón Losada.

Vendo esta traxectoria como xornalista, déronche ganas algunha vez de queimar algún medio?

-Dentro dos medios adoita haber traballadores, antes chamados “traballadores dos xornais”.

O xornalismo é un queime gonzo?

-Dime ti, que levas a Hunter S. no avatar. O perrodismo é un oficio cheo de vantaxes: pouca xente o comprende e todo está deseñado para que saia mal. Algo negativo é que hai persoas que pensan que é unha boa profesión para saír dela, e en troques de saír acaban prosperando como xornalistas de consenso.

Logo das túas colaboracións para o audiovisual galego, consideras que quedou en boa forma?

-O audiovisual galego non sei que é. Pásache por buscar currículos en internet.

Con quen te baterías nunha loita no barro?

-Actualmente fago menos forza cos nocellos que Marc Gasol.

Quen sería agora mesmo a túa icona: Xosé Luis Baltar ou Mamen Mendizábal?

- A obra de Baltar semella máis perdurábel. Por ese pao, Dolores Bouzón, que en paz descanse, paréceme mellor xornalista.

Dentro da política “autóctona” consideras que hai moito movemento polo vaso?

-Dito así, pior sería que o houbese pola base. Ou falas do secuestro do Bloque? Aquí o movemento éche polo vaso e polo prato, aínda que nunca houbo tanta transparencia á hora de elixir cargos coma con este goberno. Dá gusto.

Aprenderías euskara para escribirlle discursos a Rosa Díez?

- De entrada si, se repite o escrito e podo gravalo, así que depende.

E catalán para escribirllos a Rajoy?

-Igual. E Rajoy lería fragmentos de Un silenci sec todo o tempo, e Rosa aparecería en Mondragón vestida como Hanna Schygulla en Atención a esa prostituta tan querida, con todos os escritores da Pott Banda para refundar Aralar pola base.

Sendo Feijóo da provincia de Ourense, pensas que ten probado o licor café?

-Esta pregunta si que a curraches de carallo.

Cal é o teu Pachi/Patxi?

-Patxi eta Batbiru. Á historiadora que foi camareira de Le Kitchen hai moito que non a vexo.

E o teu Vázquez?

-Estou entre o artista que deixaba pufos e o prietista do pelo lambido que foi alcalde da Coruña. Queres que nomee tamén a un compañeiro de traballo?

Zapatero debería cambiar de número?

-Non che sei. Debería importarme?

Colaboraches tamén na Ser co programa En vista do éxito obtido. Non che parece un nome moi longo?

-Era para poñerlle Último Round, pero estaba collido.

Nese programa traballaches sobre escritores do século XIX e do XX. Do XXI xa nin queres falar?

-Era o ano 2000.

Estás lendo algo ultimamente?


-Radical games against the dictatorship of entertainment, Carlos A. Lago de la Plaza, reporteiro gráfico.

Por último, di o que che apeteza.

è tutto un programma.

sábado, 24 de julio de 2010

ENTREVISTA A XAN G. VIÑAS







España gañou o mundial de fútbol. Cal é a túa valoración?

Espera, tesme que dar cinco minutos para pensar a resposta..eeeehhhh....mágoa que non gañase Corea do Norte.

Por que?

Polo seu presidente, que non sei como se chama pero mola.

Á parte de ver filmes practicas algún outro deporte de risco?

eeee...É que me dá a risa responder entrevistas túas.

E ser vexetariano non é un deporte de risco?

(longo silencio) Depende.

De que depende?

(tanto o entrevistado como o entrevistador comezan unha sesión de risos nerviosos que acaban un ou dous minutos despois)

Depende de onde vaias comer. Pode ser que durante a miña época de estudante universitario cando vivía contigo pode que si fose deporte de risco.

Renunciarías a saír de copas todo un ano, por saír un día, só un día, con Aki Kaurismäki?

Ostia, que pregunta. A ver, depende, se podes coller o ano, si. Escollería saír todo o ano con Kaurismäki. O problema é que creo que non podería sobrevivir a tal ritmo.

Agora sendo serios, máis da metade dos directores que se proxectaron no Cineclube non os coñece nin dios.

Efectivamente.

Iso é ir de guai?

Non,ho! Non creo.

Achégate á gravadora.

Pero se xa me estás escoitando.

Non cres que sexa ir de guai.

Non.

E que lle dirías á xente que pensa que o cineclube vai de guai ao proxectar eses directores.

Que están no seu dereito de pensalo. Pero cando se poñen non é simplemente porque sexan descoñecidos. Directores descoñecidos hai a millóns, e nós poñemos directores por razóns concretas: inclinacións políticas e cuestións tamén cinematográficas.

É dicir, o cinema do Cineclube é un cinema politizado?

Home, claramente. Creo que todo está politizado, pero o noso é politizado de esquerdas, ou máis que de esquerdas.

Este ano o produto estrela do merchandising cineclubeiro foi o libro Non conciliados. Antes foron camisolas e bolsos. O novo que será preservativos e diafragmas?

Non estaría mal.

Na última festa do Cineclube houbo unha performance de Miguel Prado. Di a verdade, Miguel Prado non existe.

Aaaaahhhhh.

Churrasco ou sushi?

(silencio) Tortilla de patacas.

Na Capela segues cociñando con camping gas?

Non, agora hai unha cociña eléctrica pequena, pero cociña finalmente.

Se a clase política fose vexetariana, que cambiaría, cambiarían as tornas do país?

Non ho, Hitler era vexetariano disque.

Por que deixaches de fumar, as copas eran máis caras?

Deixei de fumar por cartos claramente, e porque unha vez volvín de Barcelona totalmente intoxicado de fume e tiven que deixalo.

Por que as sesións vermouth do Cineclube son posteriores ás proxeccións? Normalmente son anteriores ás cerimonias.

É certo. Antes tamén lle damos bastante, sobre todo ás cañas, e iso impide que ás veces poidamos gozar dos filmes en condicións. En todo caso, non o marco eu que o marca o que di a xente.

Poranse filmes porno no Cineclube?

A xente pídeo, hai moita xente que o pide. A ver se hai un porno de esquerdas ou á marxe. Eu descoñézoo, pero de seguro que ti sabes máis diso.

Fixeches un artigo para a Trabe de Ouro, "Llorenç Soler. O cinema en man común". Hai moita man parva no audiovisual galego ou só poñen o cazo?

Eu creo que no audiovisual galego non hai nada, un baleiro absoluto. Entón é que xa non é que se fagan as cousas mal. Para min o que se fai dentro dese concepto non existe, non ten sentido.O que se fai é á marxe, aí si que hai cousas interesantes, pero o que hai agora mesmo é igual a cero.

Cantos filmes podes ver ao día?

Antes vía cinco ou seis ao día, na miña época de estudante que non estudaba. Pero agora éme difícil ver filmes en pantalla pequena. Estou máis afeito a ver filmes en pantalla grande e ver filmes con xente é algo que me gusta moito. Logo tomar algo con esa xente, aínda máis. Entón realmente, intento na medida do posible esperar as proxeccións en pantalla grande.

Definirías as reunións do Cineclube como reunións de politburó xerontocrático?

Xerontocrático non é que mandan os vellos?

Si

Home moi vellos non vamos.

Entón sería un estilo estalinista?

Din que antes eramos así, e non estou en posición de negalo. Pero é posible, porque antes as reunións eran bastante surrealistas. Da época dos surrealistas que se daban de ostias cando a xente falaba. Pero hoxe en día, son amistosas, mesmo moi amistosas. Ao mellor habería que darse de paus.

Legalizarías as drogas dentro das reunións do Cineclube?

Claramente si. E nas proxeccións do Cineclube tamén.

Que opinas da prohibición de fumar no local de proxeccións do Cineclube?

Paréceme fatal. Moléstame máis que a xente coma palomitas que que fume. Pero é unha opinión persoal.

Sexo, fútbol ou cinema?

Nesa tríada o fútbol está fóra de lugar.

Pero ti es fuboleiro?

Si, pero non tanto.

Por último, di algo, o que che apeteza.

Buh!

lunes, 28 de junio de 2010

ENTREVISTA A GONZALO VILAS



Bótaslle drogha ao colacao?
Home, non. Non tomo colacao, tomo café. O certo é que non se me ocorre ningunha brincadeira para contestarche.

Vives do conto?
Vivín do conto durante un tempo, pero agora pódese dicir que vivo de debuxar contos ou cómics, pero tamén de redactar páxinas a eito, de corta e pega, dedícome a facer pasatempos, cousas moi variadas que non teñen moito a ver co deseño, co cómic, é dicir, co conto.

Para andar coa cabeza baixa, fíxaste ben na xente da rúa. Algunha vez che deixaron de falar por caricaturizar a alguén?
Non, a verdade é que poucas veces teño caricaturizado a amigos. Houbo unha época en que si o facía, tomando unhas copas. Pero en xeral á xente parece que lle gustaba, aínda que non fosen boas caricaturas. Mesmo pasados os anos téñenme mostrado deseños dos que non lembraba nada. E o de andar coa cabeza baixa, pois non che sei, o que me dá ás veces é para atopar cartos por aí, nos pubs, que é unha especialidade que teño.

Hai alguén máis feo que o Pelegrín?
Creo queo último enxendro que buscaron para substituilo, mesmo penso que superou o ranking de fealdade. Quizais o Naranjito podería estar nunha dura pugna.

A quen lle sacaches a tranca coa túa retranca?
Digamos que cos chistes de políticos, os que fixen sempre, sempre me saen sobre esa temática, sobre todo aos políticos galegos. Aínda así, que fagas humor para medios que che parecen de pouca repercusión, tamén é certo que os retratados son os que máis os len, a xente que se poda sentir aludida. Espero que a máis dun político lle fastidiara sentir a tranca.

Que teñen en común os políticos e os cogomelos?
Non se me ocorre que podan ter, só que os hai a patadas, e que os hai venenosos e comestibles.

E quen sería a "amanita phalloides" da política?
Da política galega, agora mesmo quizais se me ocorre pola cara que ten, o Anxo Lorenzo, pode ser. Por aquilo de que aínda hai xente que se engana, pero nestas alturas xa non engana a ninguén, pero tenme cara de amanita.

Agora escolle: Bartolo ou fubolín?
Penso que son conceitos indisolubles, para min polo menos.

Agora unha alineación de tres acordeonistas para xogardes os catro unha partida de fubolín. Non vale María Jesús.
Pois así déixasmo un pouco difícil. O certo é que habería un que se chama Nacho, que vale para todo. Penso en dous máis que son coñecidos por min. De famosos non che sabería dicir. Pero alguén que saiba manexar o acordeón tamén ten certa habilidade manual.

Para ti que é a bola do fubolín?
Nada trascendente. Unha cousa á que hai que bater e digamos, no sitio acaído e coñecendo o seu comportamento.

Botas de menos as grupis que tiñas animándote durante as partidas? Tiñas unhas cantas.
Ti cres? O que pasa é que iso queda aí no fubolín. Si, había algunhas que aínda non andan por aquí, pero non sei, é un mundo á parte, hai xente que sen darte de conta, tenche aí, nunha especie de fenomito bartoliano. Hai que aproveitarse do fubolín.

A ilustración é a túa barricada para a loita final?
A ilustración é unha actividade, entre outras moitas, que desenvolvín, pero supoño que o que podes aportar, se ten algún valor para esa loita final ou cotiá mellor, pois é que che vén dado pola acumulación máis que por algo xenial ou polo chiste que poda mover ou cambiar nada.

Que é Airños do Maycar?
Iso é case un segredo que che vou revelar. É un grupo heteroxéneo, folk digamos, que se formou nunha certa festa, sobre cogumelos por certo. Foi así bautizado por min mesmo, se non lembro mal, por aquilo de que levabamos un airiño e que estivemos no Maycar máis de un. Pero é un grupo que se formou para tocar unha vez, pero que foi rebautizado como Airiños do Outeiro, porque o nome do Maycar pode chocar por dereitos co nome. Foi un grupo dunha soa actuación, o que o elevaría á categoría de pequeno mito.

Para cando a próxima actuación?
Pois hai pouco, tivemos unha actuación baixo ese outro nome, digamos que a organización do evento non se atreveu a poñer ese nome. É un grupo que se forma cando lle cadra. Esa actuación foi bastante desastrosa co que non sei se haberá máis.

Quen será o próximo presidente da Xunta?
Non sei. Ti tes algún? Queres presentarte?

Non.
Eu tampouco. Non sei, só espero que non sexa este cínico que temos por presidente.

Cínico?
Si, paréceme un máximo representante do cinismo político entre outras virtudes que o adornan. Pero tal como van os outros partidos, parece que este vai a favor de corrente.

martes, 4 de mayo de 2010

ENTREVISTA A XURXO GONZÁLEZ





Segues furtiveando marisco?

hahahah, non, iso xa pasou á historia. De cando en vez, cando estou na Guarda, miro como están os lamparóns, os percecbes e os mexillóns, que tamén hai, non coma puños pero hai.

Que andas a facer ultimamente, cara onde te levan os teus pasos?

Os meus pasos leváronme agora ás comisións do Ministerio de Cultura, estou aí a pleno rendemento, de Ignasi Guardáns. Leo guións, sobre todo porque mos mandan selados e sen autoría.

Vas facer unha segunda parte de Os señores do Vento?

Estiven cavilando na posibilidade, pasóuseme pola cabeza algunha vez, sobre todo cando houbo unha especie de "revanchismo" político, cando Esquerda Unida intentou que o botasen abaixo, a nivel político e de política local no concello.

Botar abaixo o documental ou o que fan os Señores do Vento?

O que fan os Señores do Vento, a instalación. Entón iso daba pé para facer unha segunda parte.

Non pensaches que ese documental podería ser usado contra dos protagonistas, pola Garda Civil, pola Xunta, porque o plástico ademais de lixar o monte, tamén é inflamábel.

E é contaminante, PVC, é dicir, mentalidade ecoloxista precisamente non é. Pero canto non hai diso no mundo. Os litros de combustíbel que están a verquer no golfo de Luisiana, iso fano as multinacionais. O que gravei eran dous vellotes que tiñan tempo libre.

Hai un tempo Martin Pawley e ti impartistes un curso no Macuf...

Non, ese curso non se chegou a impartir porque non había xente matriculada. Non tiñan confianza.

Pero quixestes proxectar os señores do vento?

Non, nunca estivo dentro do programa, que era dun curso adicado sobre todo ao documental.

Non se perdeu a oportunidade para Unión Fenosa apreder algo dos Señores do Vento, a reciclaxe de material, etc?

Si, cando foi do plano eólico xa lles dixen que consultasen aí con Chacurro e José María.

O cinema é o teu único pracer na vida?

Non, para min son as mulleres.

Es un director orgásmico?

Pois non, o cinema para min, non é cinema exactamente, porque eu non traballo con cinema, como moito son un creador audiovisual que é como me gusta definirme. O que fago é iso, non é tratar o cinema, senón a videocreación, video dixital.

Nunha entrevista colgada en Vimeo, dicías non traballarías cómodo se tiveses que facelo con grandes medios. Serías capaz de renunciar ao status de director porque non te amañas coas novas tecnoloxías?

Non é cuestión de amañarse coas novas tecnoloxías. É cuestión de amañarse cun sistema de como está ideado o traballo cinematográfico dentro dunha xerarquía, duns valores de produción, duns prazos que iso parece que non, pero tira do peito. Agora mesmo estoume mentendo en proxectos, aprendendo a nivel de produción, conciliar o que é a produción industrial como é a creación, iso ten o seu aquel.

Na mesma entrevista dis que non tomas moi en serio o teu traballo, que para ti é como unha brincadeira. Non obstante, a promoción do teu documental sobre a memoria histórica, tomáchea moi en serio. Proxectáchela ao final?

Si, na Casa das Atochas. Intentei proxectala na Guardia, pero preferiron mellor o traballo dun cienasta uruguaio.

Segues enfadado co Cineclube de Compostela?

Non. Están enfadados os do Cineclube de Compostela?

Non che sei. Non podo falar por eles.

Ah, pois.

Fixeches unha curta que se chamaba 13 pozas, unha versión do traballo de James BenNing 13 lakes. Por que colliches trece pozas? Falta de medios?

Non, sobre todo polo carácter de retranca, de retranca galega. Creo que esa é a miña película máis galega de todas. Curiosamente un crítico de Cahiers du Cinema cualificouna de James Benning pasado por Muchachada Nui. Eu non a considero tal cal, simplemente que o tipo non sabía que era unha poza.

Durante esa gravación viches algunha poza que che chamase a atención?

Non, durante a gravación o que fixen foi afondando, é dicir, que aparecen as trece pozas e logo os intertítulos co nome das pozas, Benning facía o mesmo que acontecía cos lagos. Entón o que si aprendín é unha especie de investigación de como era a toponíma das pozas por exemplo.

Martin Pawley e ti considerádesvos centauros no deserto audiovisual galego?

HOHOHO, boa pregunta. Pois non, supoño que haberá personaxes e pistoleiros de máis longo alcance. Eu teño a miña opinión e Martin ten a súa. Diferimos en bastantes cousas, mais penso que coincidimos na vontade de intentar que cambien as cousas, iso fundamental, porque hai moitas cousas que teñen que cambiar.

Agora di algo para despedirte.

Non sabía que era tan curta a entrevista.

É un blog, non unha revista.

Pois nada, un pracer e aos lectores do blog, emprazalos que vexan unha das miñas peciñas tomando un algo.