sábado, 14 de diciembre de 2013

ENTREVISTA A ANTONIO DOÑATE (O DOÑATE-LLO DE CASAS REAIS)


 "Son máis de Barón Rojo"



Esquizofrenias á parte facer unha entrevista en venres 13 a día de hoxe xa nada ten de especial (dos señores que se dan la mano en una cocina de los 80). Cando xa temos visto a Jason mallar en Predator  coma nunha colcha maragata nunha loita interplanetaria, o reto que se propuxo este blog foi o de entrevistar a un deseñador, o segundo nas nosas filas. Por que? Porque un día espertei e dixen: "Ola k ase, entrevitta a alguien o k ase". (este blog tocou fondo)


 Ola Antonio.
Ola.

Apelido vasco, naciches en Madrid, viviches en Valencia, de alí fuches para Vigo e logo viñeches para Casas Reais en Compostela. Todo isto é o que fai que sexas tan raro?
Supoño que para os ollos dos demais, si, serei. Aínda que para os meus tamén, porque nunca sei exactamente que son. Digo que son valenciano para resumir toda a miña travesía.

Apesar de que oficialmente ou oficiosamente es deseñador, tes dous libros, La paz social e Acceso al comportamiento. Cantas veces falaches cos editores para que non che cambiasen os títulos dos libros?
Ningunha! O certo é que foi chegar é encher.

En serio?
Si.

Home, La paz social, aínda, pero Acceso al comportamiento un editor diche que "por aquí che meto eu este título".
 Home, falamos dunha editorial que a leva un fulano que o tema das ventas non lle chaman tanto a atención. Supoño que con Plaza y Janés ou con Planeta pois non sería o mesmo, sería outra cousa.

Que cousa?
Eu que sei.

Na novela da que estamos falando o protragonista abandona a universidade para traballar no quiosco do aeroporto de Vigo. Esta historia é unha vinganza túa contra un compañeiro de clase?
Non, vinganza non. O personaxe ten un terzo del baseado en boa parte nun compañeiro meu de aulas.

E que che fixo ese compañeiro?
A ti paréceche que queda mal?

Non sei eu pregunto. Hoxe en día mesmo traballar nun quiosco é un luxo. O teu protagonista é un exemplo da nova clase burguesa low-cost?
Non entendo a pregunta (segundos de silencio) Ah, eu pretendo que non, non sei se o fago. Quería realmente facer un universitario fóra do común.

Son todos.
Por sorte coñecín algún, non moitos, que non era universitarois diletantes, eran xente responsable ou algo así.

 Responsable?
Dixen mal, alguén con orixes familiares que fan que non se entregue de todo á vida universitaria.

Coñeces ao polemista Javier Nart?
Si home!

Por que se busco o teu nome en google images aparece o careto dese señor?
Iso pasa?

Si, hai unha foto túa cun impermeable rosa...
Vermello.

Vermello, pero na foto é rosa, e en imaxes relacionadas, aparece Nart.
Era un fulano moi impresentable. Lémbroo de cando Crónicas Marcianas, pero non sei porque google fai esas relacións.

Xunto con XCarlos, formas equipo para o deseño de Luzes, certo?
Certo, si.

Quen é activo e quen pasivo? (amigos, eu xa me entendo, non tiren conclusións precipitadas)
 Hehehehe, seguindo a terminoloxía tan en moda agora, que vén de Mad Men, eu son o creativo senior e el é o creativo junior.

En serio, por que?
Por idade e porque é unha das nosas coñas.

En google images aparece un Antonio Doñate con pinta de fakir, é o teu pai?
Non, o meu pai é outro Antonio Doñate que é presidente de Jueces para la Democracia.

O teu pai é xuiz?
Non, é unha coña, pero se tivese que escoller entre os dous de google, prefiro o xuíz.

Hai un días ti e máis eu coincidimos na Azibechería, eui ía poñer unha denuncia e ti viñas do gym. Esa situación inspriouche unha nova novela?
Non, o certo é que non, pero levaba presa porque sempre tento facer unha hora de exercicio pola semana, pero é que tiña que volver ao lugar de traballo, estaban chamándome.

Agora que vives en Compostela, as copas son máis baratas?
Un pouco máis, en Vigo andaban máis ou menos coma aquí, pero uns meses antes comezaron a poñelas a seis euros e como nunca hai que pagar seis euros por nada, dixen, hai que cambiar de bares.

Despois de que moita xente neste blog se declarase punk, a pregunta é obrigada, sabes cantar "Soy el rey del pollo frito"?
Sóubena hai un tempo, pero son máis de Barón Rojo.

Sabes cantar algo de Barón Rojo?
Si he de elegir entre ellos y yo,
elegiré la perdición.....
mi rollo es el rock. (non reproducimos o audio por motivos de seguridade)

Javier Gurruchaga ou o rei Borbón?
O rei.

As camareiras do Malas Pécoras ou Eslavoi Zizek?
Que pregunta! As camareiras do Malas son as mellores que vin nunca, pero sonche moi de Zizek, non che podo dicir nada concluínte.

A loita proletaria ou a festa do Cineclube?
As dúas, pero non pode ser.

Di algo...
Viña con moito medo.

Non te preocupes, inventarei todo.
Xa me parecía a min.

Que tal estaba o gintonic?
Moi ben.









domingo, 21 de julio de 2013

ENTREVISTA A ALEX CHARLÓN (FRONTMAN BICÉFALO)


 "Parece ser que non funciono no escenario"


Amigos e amigas, este blog vai de mal en peor, cando o mesmo entrevistado é capaz de dicir que esperaba moita máis caña, certamente  chegou a hora de buscar novas vías alternativas na maneira de entrevistar.
Polo de agora quedamos coas preguntas e repostas de Alex Charlón, o Axel Rose de Ataque Escampe e home espectáculo en xeral. Hai surpresas, aviso.

Que problema tes cos mosquitos?
Non sei se é cousa da temperatura do sangue ou da palidez da pel, si teño consultado algunha cousa por intenert, mais o certo é que sempre fan diana en min. Mesmo teño coincidido durmindo con outros ataquescampes en tendas de campaña  e eles librábanse do ataque dos mosquitos e viñan todos a min.

Non me digas que era unha conspiración?
Eu creo que si, que era unha conflagración mundial de mosquitos contra min.

O mundo ódiate. Sabes que en persoa dás máis medo que cando estas no escenario?
Pode ser si.

Houbo un tempo no que enchías a boca falando de Krisnha Murti, agora disque es indie coma os iogures de limón. Sénteste caducado?
Non, ese iogur de limón ao que facía referencia quedábanlle dous días para caducar. Pero teño que desdicir que o do Facebook era un xogo para ver como reaccionabas.

Ataque Escampe é a plataforma na que te deches a coñecer. Á parte do grupo e das túas soflamas na rede, tes vida propia?
Teño moita máis vida propia do que pode parecer. O caso é que a vida propia está deixando nun segundo plano a Ataque Escampe.

Existe unha loita interna dentro do grupo polo liderado?
Si. Mais afortunadamente eu xa renunciei hai moito tempo. Lin a entrevista a Roi e xa vexo que a súa evasiba irónica é constante. Se hai dúas persoas que manteñen Ataque Escampe vivo porque son as máis responsables con respecto á música, son Miguel e Samuel. Os demais pois aportamos ideas, escóitasenos e logo dísenos que non.

Quen é  o líder da banda?
Hai unha bicefaclía entre Miguel e Samuel. Pero son como dous...como aqueles gobernos bicéfalos da antigüidade? Non sei, pero son dous xefes moi frikis para que os teñamos en conta con rotundidade.

O feito de que unicamente saibas tocar o himno á alegría coa guitarra e nada máis, é o que te fai sentir como alguén eternamente frustrado?
Probablemente sexa ese un dos grandes motivos, si.

En serio, non sabes tocar ningún instrumento?
Sei tocar o cazú, a turuta e certamente debería aprender algo máis.

Algunha vez a túa presenza foi perturbadora para o grupo?
Pois mira, xa podo anunciar que logo da última reunión que tivemos, vai haber cambios na posta en escena do grupo. Parece ser que eu non funciono no escenario e teño pouca presenza escénica e queren que comparta a parte de frontman con Roi, que vai deixar a batería en favor de alguén que si sabe tocala.

Todo iso que dixo Roi de que ía aprender en serio a tocar a batería, non vai ser e ides ser os dous os frontmen?
Pois probablemente, si.

Mamaíña, "El gordo y el flaco". Cando foi a última vez que te sentiches como un crooner?
O outro día en Vista Alegre sentinme moi arroupado pola xente que cantaba os temas de principio a fin. Estaba no trance do San Xoán coas cacharelas e o viño e chegou ese momento de conexión entre o que eu sentía por dentro e o que sentía o público. Creo que foi así.

Pregúntoche o mesmo que lle preguntei a Roi. Por que andas sempre de baixón?
Falso, non ando sempre de baixón. Son unha persoa de bioritmo baixo.

Que lle falta a Ataque Escampe?
Decidirse por un modelo, sentarmos todos nunha mesa e estar de acordo, aínda que sexa con manga ancha, en moitas cousas. Fáltalle na posta en escena, saber se xogamos a A ou a B. Eles queren xogar a A e a B ao mesmo tempo. É dicir, tirar do público en momentos puntuais de maneira moi populacheira e noutros aparentar unha seriedade absoluta, como se fósemos o último grupo indie que acaba de aterrar de Urano.

Acabas de chamarlle indie a Ataque Escampe?
Si, desgraciadamente acabo de facelo.

Sabes que te poden matar?
Coñezo os riscos que asumo.

Escribes poemas?
Desde o ano 1999 xa non teño estómago para escribir poemas.

Que é a poesía galega?
Non o sei. Un conxunto de premios literarios con boa dotación económica, con moitos autores dos que coñezo unha boa parte porque coincido con eles nos bares e un circuíto de cara fóra nulo.

(PIIIIIIIIIIIIIIIII AQUÍ HABÍA UNHA PREGUNTA CUNHA RESPOSTA ELIMINADAS POR INSISTENCIA ABSURDA DO ENTREVISTADO DOUS ANOS DESPOIS DA CONVERSA, A PREGUNTA E A RESPOSTA FORON ELIMINADAS POR CONSELLO DE PERSOAS ACHEGADAS AO ENTREVISTADO, NON HABERÁ OUTRA VEZ)

Existe rivalidade directa entre ti e Miguel Mosqueira?
Non, Miguel é a persoa máis tenra do mundo, á súa maneira. Non hai ningún problema.

Di o que queiras:
Quero lanzar esta mensaxe á humanidade: que agarre o presente e non se cma a cabeza.




sábado, 22 de junio de 2013

ENTREVISTA A ROI VIDAL (O HOME BATERÍA)





  "Utilízanme para mofarse de min"



A entrevista foi como todas, é dicir, co entrevistado pedindo encarecidamente que lle deixe ver o produto antes de saír á rúa, pero non amigos, iso non se pode facer, senón, onde estaría a sorpresa e a gracia? Si diremos que a conversa foi amistosa, agradable e soleada para ser un día de xuño desapacible.

Ola Roi.
Ola, meu. Que tal?

Moi ben, grazas. Pero a primeira pregunta que che quero facer é por que tardaches tanto en aceptar esta entrevista?
Porque tardaches moito en pedirma.

Iso non foi así, creo.
Hehehehehe, si, non tardei en aceptar, aceptei en todas as propostas.

A seguinte pregunta voucha facer antes de verter todo o café e o azúcar. Tiveches que ir ao médico despois de ensinar o cu no medio dun río?
Pois ao mellor debería ter ido porque puiden ter collido algunha cousa que aínda non se manifestou. Porque
facía tanto frío que non podía aguantar a respiración debaixo da auga.

Sinceramente, a auga parecía que estaba moi cocha.
Pero tanto ten, por min que estivese todo o porca que quixese, pero estaba tan conxelada que a pel se puña vermella, como queimada do fría que estaba. Pero en fin, non me pasou  nada.

O ano pasado fuches a Noruega.
Estiven de novembro a xaneiro.

A ver, realmente non foi un castigo de Ataque Escampe por non ter aprendido a tocar a batería logo de tantos anos?
Hehehehehe. O castigo foi  realmente facerlles crer a Ataque Escampe que ía quedar en Noruega, pero ao final volvín.

Despois desta resposta vante matar.
Non ho! Que va! En Noruega practiquei moito a batería. Tiña tempo e moito espazo na casa. Noruega é un país semidesértico entón non había problemas de espazo. Pero o caso é que non tiña batería, repasei mentalmente, pero é moi importante a teoría.

Agora en serio, que fixeches cos cartos que pagaban para as túas clases de batería?
Gasteinos nas aulas de batería.

Teño informacións de que non.
Gasteinos nas aulas de batería.

Pero asistías ás aulas de batería?
Si, claro.

En serio?
Si, claro. Estiven con Álvaro case dous meses. Pero logo funme para Vigo e non tiña tempo de seguir.

Antas involucrado en temas de teatro ultimamente. Que tal se che dá ser animal de escenario ou animal a secas?
Ben, ben. Home, non son actor profesional, pero todos somos un pouco actores. Pero eu non cobro por actuar nin eu actúo sobre un escenario. Mais polo momento está indo ben. Hai unha obra que temos aí, con Teatro Antroido, que está tendo bastante éxito, non vou dicir de crítica e de público como tópico, pero estamos tendo bastantes funcións, esta é a resposta seria.

Pois agora dame a resposta non seria.
Non, faime ti a pregunta non seria.

Cando apareciches no concerto de presentación de Discos da Máquina, como lles pediches perdón ao resto da banda para volver?
Heehehe. Os meus compañeiros da banda son moi simpáticos. Realmente estaban desexando que volvese. Eu aporto un grao de profesionalidade e saber estar no escenario que eles non teñen. Eu aporto unha gracia da que eles carecen. Entón por iso moitas veces me utilizan para mofarse un pouco de min polo meu físico, úsanme como mono de feira para tentar despistar de certas carencias.

Fumas porros?
Non, xa hai tempo que non fumo, pero se me ofrecen fumo, pero non lío, que o fago fatal.

Como se di "gallego de mierda" en noruego?
 Ostia, pois o certo é que non o sei. Pero iso lémbrame que alí coñecín a un tipo español, concretamente vasco, que era a ostia de xenófobo. Era inmigrante en Noruega pero que se metía con todo dios. Por iso o de gallego de mierda, lémbrame que Noruega, un país tan civilizado, haxa problemas coa inmigración.

Non pensaches en baixar de peso de cara o público?
Constantemente penso en baixar de peso, mesmo cando como.

Que lle falta a Ataque Escampe que ti lle engadirías?
Un bo batería pero eu voullo engadir.

Tes medo ao ridículo?
Non, ningún.

Por iso tocas en Ataque Escampe?
Claro.

Escribes poemas?
Si, moitos.

Por que?
Para ligar.

En serio?
Sii, unha vez pasoume. 

Cal foi a frase máis heavy que che dixeron?
Agora lembro que hai pouco fun dar unha charla sobre o meu pai, Vidal Bolaño, estiven unha hora falando sobre o tema e ao final pregunteilles aos rapaces se tiñan algunhha pregunta. Un deles preguntoume se cobraba por ir alí, que porque ía eu e non os meus irmáns, se me aproveitaba de ser fillo de quen son para forrarme, o tipo inspirábase en Sálvame Deluxe, etc.

E ti que lle dixeches?
Contesteille a verdade.

Que te forras?
Si, si, que me forro. Hehehehehe

Quen é o líder de Ataque Escampe?
O líder é Lois.

A ver, entón porque Miguel me dixo hai tempo que eras ti, logo ti dicías que era Alex e agora dis que é Lois?
Pregúntalle a Lois.

Por que Alex sempre anda de baixón?
Non é sempre baixón, o que pasa é que é unha persoa reponsable, profesional pero non anda sempre de baixón.

E Lois?
É todo o contrario, sempre anda eufórico.

Miguel?
Dalle a todo, depende do día que o pilles.

Samuel?
Samuel está en Francia. O que fai é mandar mails longuísimos desde Francia, desde Guadalupe desde onde sexa, que é algo que eu non facía desde Noruega.

Di algo, o que queiras.
Pois, que....eee....morte ao capitalismo, paréceche pouco?









domingo, 31 de marzo de 2013

ENTREVISTA A CARLOS SANTIAGO (MATERIALISTA MODESTO)



"Menudo entrevistador estás ti feito"

Atopamos a Carlos Santiago no que parece ser o seu refuxio no lusco-fusco, a súa dacha na taiga compostelá entre animais políticos en retirada, artistas emerxentes e cineclubeiros pedindo un bocadillo de xamón ou "do-que-sexa-ghose" e algún que outro crítico musical queixándose: "¡no, no te voy a dar la tapa!"

Non estaba preparada esta entrevista, podemos prometelo. 

Á parte de vires ao 13, a que te dedicas?
Menudo entrevistador estás ti feito. Pero home, léme a biografía na miña web http://grenlandia.wordpress.com/. Aí tes todo, que hoxe non me apetece falar de min.

Es un home modesto.
 Si, non hai queixa.

Pois para ser un home modesto tes unha voz moi grave, elevada.
 E iso que demo ten que ver coa miña modestia?

Materialismo histórico ou un "rioja"?
 Un "rioja", que é máis consistente que o materialismo histórico.

Fidel Castro ou Daniel Ortega?
Ningún dos dous. Chávez.

A que lle botas máis conto nesta vida, a pagar o aluguer ou facer unha obra de teatro?
 A pagar o aluguer.

E como o fas?
Escribindo obras de teatro.  (obviamente aquí houbo risas)

Considéraste un grande seductor?
 Hoxe en día non tanto, pero noutros tempos cheguei a ser algo parecido.

Lenin ou Quico Cadaval?
Home, Quico Cadaval, que vamos, dous pelos máis ou menos veñen sendo figuras de semellante altura.
(de fondo, o contuvernio cineclubeiro bota risas)

Lenin non era moi alto.
Pero tiña unha boa perilla.

De tanto escribir teatro, acabaches créndote algún dos teus personaxes?
 Non home non, como vou crerme un dos meus personaxes?

Non cres en ti?
Non é iso, é que eu mesmo son personaxe ás veces, mesmo  fago parte das miñas obras de teatro, pero cando é explícito. Cando fago un monólogo ou algo desde min, aí asúmome como personaxe.

Aquel dito de "putas y maricones" para a xente do teatro, segue vixente?
 Si, pero baixo outro formato. Esta sociedade non evolucionou nada desde o século V antes de Cristo, nos arredores de Atenas. 

Deus existe?
Non.

Por que?
Non hai "por que". Como dicía Agustín García Calvo,  "ou hai deus ou non hai deus", ou como dicía Pascal: Deus é unha cuestión de aposta. Entón a miña aposta persoal é que non hai deus. 

Este país ten amaño?
Non. Este país non é un país. Pero de que país falas?

No que vivimos.
España, Galiza, Unión Europea....

Santiago.
Ningún destes países ten amaño.

Que farías ti, se foses xuíz e tiveses que xulgar a presunta trama de corrupción en Santiago?
Non teño a personalidade dabondo para ser xuíz de ninguén. Ora ben, se nunha situación revolucionaria me desen unha caste de ministerio de Interior, creme que interviría de maneira decisiva. Despois que os xulgue outro. 

Sendo alcalde cambiarías a programación cultural desta cidade?
  Se fose alcalde de Santiago, simplemente inventaría unha programación cultural.

Por último, di algo, o que queiras.
De nada, a ti. 


 


lunes, 10 de diciembre de 2012

ENTREVISTA A ALBERTO RAMOS





"Tampouco me matei moito na carreira"

Alberto Ramos é xornalista en paro, escritor premiado, redactor vocacional (non queda outra) en medios dixitais, compañeiro de tabernas e fumador. Accedeu cortesmente a esta entrevista logo de longas negociacións non exentas de viño, bromas e amenceres catatónicos (por parte de quen escribe, alá cada quen co seu fígado)

Ola Alberto.
Ola. Gravas sempre as entrevistas?

Si. sempre. E a primeira pregunta é: despois de tres libros e de traballar nun xornal, aínda cres no xornalismo?
(a música de fondo para esta reposta é unha cantante en plan Cecilia tardoposrmoderna)Ains. Supoño que será como preguntarlle a un carpinteiro se cre na carpintería. O xornalismo é importante, pero ao mellor lle damos importancia de máis a unha cuestión que é que non deixa de ser un traballo, de obreiros e que non deixa de implicar que che van dar vinte ostias por ano traballado cando te boten. Cousa que pasa todos os días. É un oficio que pode ser moi interesante, moi bonito, moi estresante e moi noxento. Dámoslle moita importancia ao que é o xornalismo para a sociedade, que o é, pero somos traballadores como outro calquera, somos traballadores como outros calquera. É un oficio moribundo como dicía nunha entrevista Iago Martínez e agora mesmo podémonos sentir como man de obra excedente.

Entón por que estudamos catro anos, sacamos un doutorado e nos adicamos a ler?
Cada quen debera respostarse iso. Por que o fixen eu? Home, tampouco nos matamos tanto na carreira. É de agradecer que a mesma facultade de Comunciación se tome a risa a súa propia titulación en moitos casos. Porque se imos saír de alí para estar no paro ou en precariedade, polo menos primeiro pasámolo ben na facultade e non hai que matarse moitísimo. Salvo algunha excepción de cadeira. Por que se mata a xente na carreira? Por vocación ou porque non facemos caso da xente que di "non te metas en xornalismo". É unha vocación suicida en moitos casos.

En vista das actuais circunstancias que están a envolver o panorama tanto interno como externo, ocórreseme a seguinte pregunta: fuches neno superdotado?
Non.

Non?
Non.

De que vai a última  novela que escribiches?
Que pregunta máis inquietante (podes poñer isto).Pois vai de alienacións, da ruptura da rutina e de paro, basicamente. Son oito días de luns a luns, na vida dun xornalista menor de trinta anos que perdeu o seu traballo tras un ERE de extinción. Logo vai contando o día a día da súa alienación e é unha historia de paro, esa é a excusa. É unha cousa que escribín seguramente porque a vivín, pero o importante é a ruptura da rutina, porque perdemos a rutina, carallo, vai moito frío.

Rutinas da información?
Non,iso son cousas da facultade. A rutina de erguerse todos os días e ir a algures, que cando estás no paro non acontece.

Despois de contarme isto, de tomarmos un café con leite xuntos, cóntame un chiste.
Non vou contar un chiste.

Nin o de mis tetas?
Non vou contar ningún chiste.

Entón quee prefires, un quiste no membro ou contar un chiste?
Entre esas dúas opcións quedo con ningunha. Pero teño que dicir que nunca me preguntaron polo quiste no membro. Preguntácheslle iso mesmo a Pachi, o que se presentou para a Xunta?

Soñaches algunha vez con ser magnate da prensa?
Soñeui con ser rico, como todo o mundo, para non facer nada na vida. Estaba moi ocupado para soñar caralladas.

Que farías se agora mesmo che ofrecesen traballar en Acapulco a favor do "narco"?
Xa con oír Acapulco digo que non. Non me interesa marchar de Galicia.O do narco non o vou contestar sequera, porque é evidente que si.

Por onde comezarías a facer un progrom nos medios?
Non me vou mollar. Hai moito traballo por facer.

Terías preparada unha lista negra?
Non teño unha lista negra porque non teño tinta dabondo nin espazo dabondo no computador para rematala.

Para acabar di o que queiras.
Entrevista rara.





















sábado, 21 de julio de 2012

Entrevista a Josito do 13



 "Vai ser máis rendible alugar as mesas con computadores"


Ese exemplar de Sempre en Galiza que tes entre as botellas de xenebra, é o teu libro de cociña de referencia ou é unha declaración de principios?
É un regalo de aniversario. O meu libro de referencia é este El huerto familiar ecológico. 

Aquí fanse reunións de traballo, mesmo naceron medios de comunicación. Cando abriches o 13 sabías que ía vir unha crise económica como esta?
Non tiña nin idea, sospeitaba que a cousa non ía durar moito.  Pero a clientela funa buscando eu pouco a pouco, a que entra no meu perfil.

Alugarás as mesas  por horas para cando veña alguén facer unha reunión?
Falámolo o outro día, vai ser máis rendible alguar as mesas con computadores que para servir copas e cafés.

Visto así, pensaches en meterte asesor como Anxo Quintana?
Non é un perfil a seguir para min o de Anxo Quintana. Pero non é mala alternativa, o de taberneiro cánsame. Sobre todo o estrés mental, o físico lévoo ben, pero a cabeza acábache mal pola noite.

Tes unha horta aí ao fondo, por que se che dá tan ben nun sitio tan pequeno?
 Non se dá ben. Hai que coidala porque os tomátes mórrenche, os pementos son ridículos, pero en fin hai que poñer interese e ir pouco a pouco.

Pensaches en enterrar a alguén aí?
Si, varios.  Dous ou tres xa os teño mirados.

Tamén tes a vender libros d´O lapis do taberneiro, non che é máis caro manter eses libros aquí que mercar a comida para facer os bocadillos?
 Si que o é, pero para non aborrecer co traballo de taberneiro méteste en iniciativas como estas.

Dime a verdade:  os libros escríbelos ti.
Non, non. Pero o meu está por chegar. Teño unha asesora  que non é amiga de Quintana, pero estamos a planear o meu libro.

Cantos destes se escribiron en servilletas?
Case todos eles.

E con cantas copas de viño encima?
 Cando escriben están dabondo mamados, menos un que se escribiu na casa do autor, o resto na taberna.

A túa cociña é moi pequena, como metes as potas na que traes a pasta cociñada para as tapas?
 Cando é unha pota para as tapas, aínda. Pero cando me tocou para unha voda ou un aniversario para vinte persoas, entón hai que calcular todo.

Unha voda aquí no 13, non me cabe na cabeza, ti eras o padriño?
 Cando chegou a voda, pensei que era unha broma. Dixen que isto non era un restaurante, non podemos facer vodas aquí. Eles dixeron: "queremos un local para estar agusto, íntimo e bonito". Falei cunhas amigas que tiñan unha empresa de catering, e botaron unha man.

Se sincero, a noiva fora moza túa.
Non, non, esa non.

Nunca sentaches con máis de catro persoas nas túas mesas? 
Si, con sete, oito ou dez, séntome por ter compaña. Teño probas que o testifican. O que é difícil é erguerte para ir ao baño.

Gústache que te toquen? Porque aí rózaste con todo o mundo. 
  Gústame que a xente se aproxime.

Vas meter música en directo algún día?
Xa o fixen na presentación dalgún libro, pero de maneira discreta porque a música pode molestar aos veciños.

Nunca traerías a Ricardo Parada?
Non. Xa o intento cos Da Ría para traelos e logo para calalos.

Como te levas con Ramón Bilbao?
Temos unha relación de oito anos e xa somos íntimos.

Por que colgaches as Marías no medio dos chourizos e xamóns?
Regaláronmo esta semana e non lles busquei aínda sitio.  Pero estar aí é un sitio privilexiado.

Esas non comen. Di o que queiras para acabar, por exemplo, por que tes esa lata de caldo galego que é unha aberración?
Porque alucinei cunha lata de caldo galego, que se fai en Asturias. Pero só merquei unha lata e así non o podo probar que o quero ter de exposición unha tempada.


 









miércoles, 6 de junio de 2012

ENTREVISTA A EL AGENTE SIN NOMBRE




Tes algún conflicto marterno filial ou carencia afectiva?
 Empezamos duro. Home, coa miña familia lévome ben.Ves algo no tumblr algo que poda reflectir iso?

Home, vendo esas superheroínas e as cosplay tan exhuerantes que subes a el, podería deixar ver certo grao de desexo non cumprido.
O conflicto pode vir de que levo moitos anos vendo moitos filmes, lendo moitos cómics e todo iso podería dar saída a unha caste de fetichismo que ás veces se move nesa dirección.  

Estás psicoanalizado?
Pois non.   

Entón por que subiches a serie de fotos da rapaza embarazada mostrando os nove meses de xestación e o nacemento da criatura?
Ves exactamente o que eu teño, pero agora mesmo teño 320 tumblr agregados dos que a maioría son misceláneas. A miña tendencia é subir case todo,no caso desas fotos parecéronme curiosas, pero moitas veces non me paro en ver cal é a cuestión que me fixo graza.  

Tes moitos gifs dos Vingadores, sobre todo de Robert Downy Jr. Fai ben de Ironman?
Fai de si mesmo. Xa sabes que Robert Downy é un crápula vividor que tivo problemas coas drogas, acohol, etc. Basicamente reinventouse neste filme, no que fai de millonario excéntrico e vividor e ao que lle gustan as mulleres e pasalo ben.  

Por iso é o home de ferro, porque non usa viagra?
Tería que explicarche o eixo do filme, pero mellor é que a vexas porque da Marvel, é das mellores. As outras non son para tanto.  

Quen che gusta máis, Thor ou Ironman?
Home, Ironman, Robert Downy Jr. é moito mellor actor que o que fai de Thor. Un señor rubiaco que está casado con Elsa Pataki e coa que ten un fillo.

 Es funcionario? 
  Non, son contratado.  

Entón de onde sacas tempo para encher o Tumblr? A última actualización é de hai horas.
 Téñoo programado. Podes ir subindo contidos a tal hora. Aínda así tes que ter tempo, porque para ir seleccionando os gifs. Saco tempo porque teño un móbil moi bo cunha función que me permite, cando teño tempo e vexo un bar con wifi, selecciono o que quero.

 Non che entra spam?
 Non, o que pasa é podes estar moito tempo buscando algo que sexa do teu gusto e non ver nada.  

No teu gmail tes a Skeletor como foto de portada. Considéraste un calavera?
Pois calavera non xustamente, é un personaxe ao que teño certo cariño e esa imaxe está feita en oito bits, co que é unha mirada a Nintendo, que a min o tema de Nintendo sempre me gustou. Foi unha acumulación de cousas, nintendo, skeletor e Super Mario. Simplemente poño imaxes que me gustan, nada máis.

 Consideras Super Mario un cxogo interclasista, dado que é un proletario que salva unha princesa Pódoche asegurar que moita xente ten esa idea. Xa o teño máis que falado co señor DJ Chapaev, quen di que Mario é un proletario que vai defender unha monarquía caducada e que se deixa secuestrar, a princesa é unha inútil e Mario tense que enfrontar a un exército para liberala. É unha lectura respetable e válida. Logo está o mostacho de Mario que ten dado xogo a moitos gifs con Stalin.

 O gif coa resurección de Lenin nos Simpson, canto che custou?
Costoume velo, rirme e dicir que non estaría nada mal poñela. Monetariamente, non me custou nada, pero nos EE UU están a voltas coa lei SOPA. Aí atrás falouse moito de que habería que identificar todas as fontes, e así o tumblr morrería.  

De sexo xa non falamos.
No tumblr hai unha frase mítica que di "tumblr gatos e tetas en dous segundos". O caso é que eu, quitando as cosplays exhuberantes e superheroínas, pois tento non ir por ese camiño.

 Pero gatos pós!
Claro, porque gatos hai en todas partes. Hoxe vin unha aberración da que logo me rin, pero dunha risa que dis agora estou perto do infermo. Un artista tiña un gato que morreu. Disecouno e instaloulle unhas helices de helicóptero e levouno a unha galería onde lle deu unhas voltas.

 Que é un friki?
 Iso é algo moi complexo. Eu prefiro pensar que a palabra está máis extendida e que xa somos máis respectados. Eu diría que é unha persoa que lle gusta a cultura popular. Deixémolo aí.  

Ti es un friki?
Si, eu son un friki.

 Es amigo de Bad Joe Davbid?
Non, pero gustaríame coñecelo. Recoñezo que os seus chistes malos fánme gracia.  

Ese fulano págache por aparecer no teu tumblr?
É un meme. Un meme é unha imaxe que se usa nun conotexto e que se lle poñen temas alusivos. Basicamente alguén lle titou unha foto a ese home, que debe ser ao mellor un tipo ben aborrecido e que nese momento estaba nunha pose simpática e decidiron para aproveitar esa imaxe.

 Por que non o matas?
Tendo en conta que tamén coñeces a DJ Chapaev e a súa tendencia a facer chistes deste estilo.

 Esta entrevista mola, piques entre frikis.
Recoñezo que os chuistes malos teñen gracia, ao mellor de puro malo. E este personaxe está aí para botar fóra todos os chistes malos que coñeces e non te atreves a contar.  

Ao final vestícheste de Dar Vader modelo Hello Kitti?
Esa foto pasouma outro personaxe que deberías entrevistar antes de que marche, pasouma durante os anos de carreira. Eu teño tendencia a poñer rapazas exhuberantes, pero hai xente que ten moito sentido do humor e fai cousas como estas.

 Cando os deseñadores debuxan esas superheroínas como Power Girl, por que as fan asi?
É complicado de explicar. Unha das última debuxantes de Power Girl é muller e non se recatou nada en poñerlle atributos. Unha das últimas polémicas de DC, a editorial deste personaxe,é que lle quitaron o escote, iso incendiouos foros de seguidores. Coñezo un pouco o personaxe, pero hai guionistas que xogan coa figura, coa vulnerabilidade do personaxe, ou ser radical nas formas. Un deseñador dos 90 pintaba Power Girl con trazos masculinos. O mesmo pasa con Wonderwoan, parece que ten connotacións lésbicas ou sexuais, moitas.  

Con tanta foto feminina no teu tumblr, fíxaste nas mulleres de verdade?
Si, home, só faltaría. Só quero pasar un bo tempo.  

Por que che deu polos gifs de vodka?
 Vodka e alcohol en xeral, é un tema recorrente, gústame o vodka e poderás atopar moitas referencias a el.  
 Nunha das fotos vese unha rapaza cunha camisola e nela escrito: Hentai Inside e o teu comentario é "interesante". Por que?
Son cousas que me fan graza. Refírese ao logo de intel inside, unha referencia friki, referida a este xénero erótico festivo.

 Que cosplay vestirías, Elektra ou Power Girl?
Como non teño escote prominente, Elektra e tamén sería máis simpático.  

Por último, di algo o que queiras.
  Unha entrevista moi curiosa e moi directa, xa me dixeron que viñese preparado.